jueves, 25 de abril de 2013

HORA LER NO PATIO

Hoxe, continuando coas actividades do mes dos libros, saímos ao patio na hora de ler. E como veredes, estes dous factores SOL+LECTURA non podía traer máis que bos resultados.

Non tedes máis que mirar as imaxes.


martes, 23 de abril de 2013

PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTOR@S

Hoxe no cole celebramos o Día do libro. Esta foi unha das actividades que programamos para este mes de abril. Nesta ocasión os maiores de 6º, 5º e 4º prepararon un conto da biblioteca para contárllelo ao resto de pequenos do cole.

Foi unha actividade fermosísima na que grandes e pequenos quedaron encantados coa experiencia, e de seguro que con moitas gañas de repetir.


OS RAPACES DE 1º PLANTAN ÉRBEDOS

O pasado venres 19 de abril, os nenos e nenas de 1º de primaria, coa axuda das nosas titoras, plantamos dous érbedos nun espazo do noso recinto.



Temos moitas ganas de velos medrar curso tras curso, ver como florecen e producen froitos.
Cando sexamos maiores seguiremos visitándoos.




lunes, 22 de abril de 2013

PEQUES DE LAMAS NA INAUGURACIÓN DA XIII CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA DA EDITORIAL KALANDRAKA

Hoxe, algúns dos peques de Infantil saíron de excursión por Santiago. A meta era a galería Sargadelos, onde un ano máis Kalandraka facía a presentación da súa campaña de animación á lectura en colaboración co Concello.

Foron 60 minutiños ben completos, cargados de historias e música da man de Patricia e Álex. Presentáronnos varios libros: Bandada, No Bosque, Niños e A galiña roxa, e ata houbo tempo para unha fermosa presentación musicada sobre a vida de Rosalía de Castro.



Foi unha mañá ben aproveitada, o que non quere dicir que non quedaramos con máis gañas de continuar escoitando outras fermosas historias.


martes, 9 de abril de 2013

CONTACONTOS PARA OS NOSOS PEQUES DE LAMAS

Hoxe tivemos unha visita moi especial na nosa biblioteca. Veu Iago, un contacontos que fixo que pasaramos un rato moi divertido. Contounos o libro "Linda á espreita" da editorial Xerais.

Co seu ton de voz tan fermoso e a fantástica historia de Linda, fixo que os nosos peques puxeran estas cariñas. Mirade, mirade!!