viernes, 31 de enero de 2014

30 XANEIRO. DÍA DA PAZ

Onte celebrouse nos centros educativos o Día Escolar pola Paz. Aproveitando o recente pasamento de Nelson Mandela, premio Nobel pola Paz, pareceunos axeitado recuperar para os nosos alumn@s a súa biografía e a súa labor pola Paz.

Entre todo o cole elaboramos un mural para a entrada do centro, no que traballamos sobre a súa biografía, os seus retratos, frases célebres ditas por él...

Mirade os resultados

martes, 28 de enero de 2014

CONCURSO CARTAS AOS REIS MAGOS DO CONCELLO

No Nadal, o Concello de Santiago propuxo dende o departamento de Normalización lingüística un concurso de cartas aos Reis Magos para fomentar o uso do galego nos cativ@s.
As tres mellores cartas recibirian un agasallo, e sabedes que???
Unha das cartas premiadas foi para unha alumna do noso cole, Iria Estévez Colmenero de 3ºB.
Noraboaaaa Iria, fixéchelo moi ben!!!



martes, 21 de enero de 2014

AS CAIXAS DA HORA DE LER CHEGAN A INFANTIL

Co inicio do novo ano, os peques de Infantil grazas á nosa mascota Abadiño xa poden completar as súas bibliotecas de aula con novas lecturas que estarán con eles un tempo ata que demanden outras novas e Abadño encha de novo as caixas.




Aquí podedes ver algunhas fotos do momento no que as caixas fixeron a súa entrada nas aulas.


ARRANCAMOS CUNHA NOVA ACTIVIDADE: LIBROS A VOAR!!!

Esta semana por fin puidemos comezar cunha nova actividade que levamos preparando desde comezo de curso.

Foron moitos os preparativos: selección e decoración das zonas, selección de libros, eliminación dos números de rexistro no ordenador, deseño e colocación de etiquetas...
A idea xurdiu dunha proposta que xa se fai a nivel mundial coñecida co nome de "Bookcrossing".

Haberá un recuncho para Infantil, outro para 1º ciclo, outro para 2º e outro para 3º. De cando en vez aparecerán neles libros que levarán esta etiqueta:




Sempre que vexades un libro con esta etiqueta na mesa e sexa do voso agrado, podedes collelo e levalo para a vosa casa (non ten que volver ao cole). Queremos que os libros rulen, viaxen, sexan gozados por moita xente e que mellor xeito, que deixalos escapar da nosa biblio para que descubran mundo e cheguen a cantos máis lugares mellor.

Cando rematedes a súa lectura podedes deixalos de novo en calquera lugar (nun parque, centro comercial, no médico, na estación de autobuses, aeroporto...)

Así que xa sabedes, esperade a que aparezan e a gozar das lecturas!