Os nen@s de 5ºA estiveron preparando durante as últimas semanas uns caligramas. En pequenos grupos crearon un, e decoraron outro escrito pola poetisa Gloria Sánchez.
Estaban tan orgullosos do seu traballo que decidiron compartilo cos peques de Infantil, así que hoxe repartíronse polas aulas e puidemos gozar coas súas creacións.
Moitas grazas por compartir con nós o voso traballo!!
viernes, 25 de abril de 2014
miércoles, 23 de abril de 2014
DÍA DO LIBRO
Feliz Día do Libro!!
No cole estamos preparando varias actividades para festexar este mes de abril dedicado aos libros, que iremos contando pouco a pouco. Pero non quixemos deixar pasar esta data tan sinalada sen que Abadiño fixera algún aceno aos nosos rapaces e rapazas.
Moi caladiño él, foi separando un libro para cada unha das aulas, que foi deixando o martes pola tarde envoltos nun lazo e cunha tarxeta na que convidaba aos profes e nen@s a gozar dun momentiño de lectura durante este día nas aulas.
Menuda sorpresa levaron algúns e que ben aproveitadiñas esas lecturas!!
Grazas de novo Abadiño.

domingo, 13 de abril de 2014
VIDEO DA PRESENTACIÓN DO LIBRO "A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES" (4 ANOS A)
Na anterior entrada, facíamos un resumo das últimas presentacións de libros feitas por algunhas aulas do cole. Unha delas era a que fixeron os nenos e nenas da clase de 4 anos A cando presentaron ao resto dos seus commpañeiros de Infantil a historia do libro de Adela Turín, publicado por Kalandraka e que leva por título "A historia dos bonobos con lentes".
Ese día tivemos a sorte de contar coa colaboración dos pais dunha nena desa clase, Inés e Sergio, que estiveron grabando aos peques e logo montaron este fermosísimo vídeo no que podedes observar canto traballaron todos.
Moitas grazas de novo Inés e Sergio, e esperamos contar con vós en futuras ocasións.

viernes, 4 de abril de 2014
NOVAS RECOMENDACIÓNS POR AULAS
miércoles, 2 de abril de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)