miércoles, 29 de octubre de 2014

HOXE... SESIÓN DE CONTOS DE MEDO

Un ano máis, co gallo da celebración do Samaín fixemos o obradoiro de lecturas de medo entre os distintos niveis. Nesta ocasión adicámoslle o día ás bruxas e bruxos e, durante a hora de ler, os rapaces e rapazas foron ás aulas escollidas a escoitar as lecturas.
De novo a actividade foi todo un éxito, non cabe dúbida de que lles gusta moito pero moito.

BOLETÍN NOVIDADES SETEMBRO E OUTUBRO


Libros recén saídos do forno!!!

A ENTRADA DA BIBLIO VÍSTESE PARA O SAMAÍN

Chega o Samaín e con él o obradoiro de lecturas de medo que faremos dedicado este ano aos contos de bruxas, e aproveitando esta festividade a entrada da biblio engalanouse para a ocasión.
Comprobadeo nestas fotos!

martes, 28 de octubre de 2014

ABADIÑO EN CABAZA

Esta semana temos o cole cheo de cabazas decoradas polos nenos e algunhas ben logradas por certo.
Un dos rapaces do cole aproveitou a ocasión para rendirlle unha homenaxe á nosa mascota Abadiño.
Moitas grazas polo detalle!!

domingo, 12 de octubre de 2014

COMEZAMOS...

A verdade é que esta primeira entrada do blog neste novo curso escolar chega con retraso, pero máis vale tarde que nunca rapaces!!
Como novidade este curso decidimos cambiar a decoración da nosa entrada e, que mellor xeito que ambientala nun clásico da literatura infantil: "A casiña de chocolate". Comezamos pintando, poñendo o tellado... pero Abadiño pediu nesta carta a colaboración dos rapaces e rapazas para montar entre tod@s unha casiña da bruxa ben lambona.



Este vai sendo o resultado, pero non deixedes de cotillear porque en breve notaredes máis cambios.