martes, 25 de noviembre de 2014

HOXE SÍ: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, na biblioteca, para conmemorar o Día contra a violencia de xénero, os alumnos de 6ºA fixeron unha representación do conto "El príncipe Ceniciento". Foi tal a afluencia de xente que houbo que facer tres pases para que todos e todas puidesen entrar.


Acompañaron a dramatización coas ilustraccións do conto e remataron a mesma cunha graciosa canción que podedes escoitar no vídeo.





Foi unha experiencia moi agradable, e esperamos que se animen outros cursos para compartir entre tod@s lecturas tan interesantes.

GALICIENCIA 2014


          O pasado 20 de novembro, as clases de 6ºA e 6ºB fomos de excursión a Galiciencia, en Ourense. Saíunos o autobús de balde grazas a que unha nena de 6ºB, María Crespo, que diseñou unha camiseta para Galiciencia, saíu premiada. Galiciencia é unha exposición onde os nenos de primaria e de secundaria expoñen os seus experimentos e explican en que consisten. Tan pronto entramos pola porta da carpa regaláronos un caderno e unha piruleta. Tamén fomos a dúas actividades: robótica e planetario.

       ROBÓTICA: A un grupo os monitores explicáronos o que son os sensores e os motores. Ensináronnos moitos robots: un crocodilo, unha noria, unha grúa, unha trompo, un coche...  E explicáronos como funcionan.

       PLANETARIO:  Outro grupo entramos nunha cúpula inchable para ver as estrelas. A monitora díxonos os nomes das estrelas e os nomes das constelacións que formaban.

       Cando rematamos saímos fóra para merendar e xogar un pouco, logo veunos recoller o autobús para marchar a casa.

      UNHA ESPLÉNDIDA EXPERIENCIA!!

Nota: Texto elaborado polo alumnado de 6ºA

viernes, 21 de noviembre de 2014

MÁIS SOBRE O 25 DE NOVEMBRO

Durante estes días queremos aportar o noso gran de area mostrándovos recursos que aparecen na rede e que axuden aos rapaces e rapazas a entender o motivo desta data tan importante sinalada no calendario. Sendo necesario traballar sobre ela nas aulas para fomentar entre os cativ@s a igualdade de sexos.

Podemos investigar sobre a mesma e facernos a pregunta de por qué escolleron este día para conmemorala. Se queredes saber algo máis sobre isto, mirade a presentación tan clara sacada do blog da biblioteca do Ceip Frián de Teis.

Tamén atoparedes, premendo na imaxe, unha gran variedade de recursos recollidos na páxina do Ceip Victor Saénz.




martes, 18 de noviembre de 2014

ACÉRCASE O 25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Xa non quedan moitos días e, dende a nosa biblioteca, quixemos aportar o noso gran de area para traballar esta problemática nas aulas.
Esta é a carta que Abadiño lles enviou aos profes e ás aulas coa proposta, unha serie de libros que irán rotando durante esta e a vindeira semana.



lunes, 10 de noviembre de 2014

MES DA CIENCIA NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES



Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento.

Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.

Vía Bibliotecas Escolares de Galicia

.MANIFESTO
.MATERIAIS DIXITAIS RELACIONADOS COA CIENCIA

A nosa aportación dende o centro