viernes, 19 de junio de 2015

RECOMENDACIÓNS PARA 5º E 6º

Os mestres e mestras de 5º e 6º queren deixar esta carta con varias recomendacións para traballar nas vacacións e comezar así o novo curso a tope.

jueves, 18 de junio de 2015

RECOMENDANDO LECTURAS

O curso chega ao seu fin pero, dende a biblioteca non queríamos deixar pasar a ocasión de achegarvos un tríptico que elaboramos, seguindo a liña do proxecto no que traballamos durante este curso sobre as rúas de mulleres, para que aproveitedes algún momento das vacacións e gocedes coas lecturas que propoñemos.

Así que a gozar das VACACIÓNS con BOAS LECTURAS, sol, praia, piscina, familia, amigos...!!!
Vémonos á volta, con moitas máis propostas que esperamos sexan do voso agrado.

AGRADECEMENTO AOS COLABORADORES

Un ano máis ao remate do curso, quixemos facer unha pequena festa para os colaboradores da biblio que durante todo este tempo estiveron axudándonos para que a biblioteca funcionase o mellor posible.
Algúns xa non estarán con nós o ano que ven xa que marchan para o instituto, pero os que quedan non teñen dúbida que repetirán seguro.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!
Agora a gozar dunhas merecidas vacacións.

martes, 16 de junio de 2015

HOXE RECOMENDAN OS DE 1ºA

Nesta ocasión, o libro que recomendan dende a aula de 1ºB é "O monstruo peludo" da editorial Edelvives.


sábado, 13 de junio de 2015

BOLETÍN NOVIDADES ABRIL-MAIO

LECTURAS FRESCAS!!

O KAMISHIBAI CON 1ºC

Como xa fixeron outros grupos de 1º e 2º, esta vez tocoulle o turno aos nenos e nenas de 1ºC. Foron moitos meses de traballo e preparación que ao final non puideron ter mellor resultado.
Moitos debuxos, montaxes de photoshop, gravación de voces...e todo para conseguir esta marabillosa adaptación que vos mostramos a continuación.
O conto sobre o que traballaron foi "Los conquistadores" de David Mckee, da editorial Kókinos.



Aquí tedes unha pequena mostra dos bosquexos sobre os que traballaron.


Esta é a montaxe do conto.


E estas son imaxes dun dos pases que fixeron con peques de Infantil.


Gracias rapaces e rapazas polo voso traballo!!

martes, 9 de junio de 2015

NOVA RECOMENDACIÓN LECTORA

Nesta ocasión, quixeron recomendar un libro alumnado de 5ºB. Mirade que ben o fan e canto tempo adicaron a preparalo.
Podedes comprobar o éxito que tivo este ano na nosa biblio este título porque de novo ven pisando con forza "Escarlatina, a cociñeira defunta", da editorial Xerais.