jueves, 28 de enero de 2016

O COLE DECORADO PARA O DÍA DA PAZ

Para conmemorar o Día da Paz, e relacionado co PDI deste curso adicado ás árbores, cada aula confeccionou unha árbore coas que decoramos a entrada do cole. Tomando como referencia o conto "Wangari y los árboles de la Paz" da editorial Ekaré adicado á activista e Premio Nobel da Paz Wangari Maathai.




lunes, 25 de enero de 2016

O CEIP DE LAMAS CO ENTROIDO DE VILABOA


O vindeiro 5 de febreiro , realizaremos unha xornada de exaltación do Entroido de Cobres( Vilaboa-Pontevedra),  que  por terceiro ano consecutivo  celebramos conxuntamente cos centros educativos da zona.
Dende o equipo de  docentes do centro propoñemos  lembrar  e intentar non esquecer  vocabulario, costumes, tradicións … ,  que forman parte do noso legado cultural e  que pouco a pouco se van esquecendo e globalizando.
Adxuntamos varios enlaces nos que poden sacar ideas para os disfraces dos nenos e nenas. É recomendable que todos os disfraces estean relacionados co tema elexido este ano.

http://unpaseounafoto.blogspot.com.es/2014/03/entroido-de-cobres-as-madamas-e-os.html
Vídeo dos traxes 
https://www.youtube.com/watch?v=rVr8EdOepn8
Baile de Cobres
https://www.youtube.com/watch?v=Fep0PCIph9I


miércoles, 20 de enero de 2016

WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ

Para introducirnos no tema do Proxecto Documental Integrado deste curso, e aproveitando a data que temos preto do Día da Paz, os nen@s de 3º volveron grabar este video co Kamishibai sobre o conto "Wangari y los árboles de la Paz", adicado ao Premio Nobel da Paz do ano 2004 Wangari Maathai, pola súa labor en Kenia.