martes, 21 de junio de 2016

RECOMENDACIÓNS LECTURAS VERÁN

Chegan as vacacións de verán e con elas o tempo de lecer. Son días para gozar ao aire libre e da familia, sen olvidar que cunha boa lectura todo é moito máis agradable.
Boas vacacións a todos!!

AGRADECEMENTO AOS COLABORADORES

Un ano máis quixemos agradecer o traballo e esforzo que os maiores de 5º e 6º adicaron durante meses á biblioteca, conseguindo que día a día funcionase ás mil marabillas.
Aos que quedades no cole esperamos a vosa axuda novamente en setembro e, aos que iniciades unha nova aventura no instituto, que teñades moita sorte e non olvidedes nunca a Abadiño ;)

jueves, 16 de junio de 2016

LIBRO-FICHAS ÁRBORES DO PATIO

Aquí podedes comprobar o traballo que cada aula preparou da súa árbore para montar un libro con toda a información que pasará a formar parte dos fondos da nosa biblioteca.

miércoles, 15 de junio de 2016

VISITA DA ESCRITORA MARIA SOLAR

Hoxe, como coletazo de fin de curso, o alumnado de 5º puido gozar coa visita da escritora Maria Solar, autora entre outros de títulos de literatura infantil como "O meu pesadelo favorito", "Teño uns pés perfectos", "A verdadeira historia da mosca da tele"...



Un momento agradable no que tiveron a sorte de compartir de primeira man as vivencias dunha escritora da nosa terra.

APELIDOS E NOMES RELACIONADOS CO MUNDO VEXETAL

Aquí tedes nunha presentación, o traballo realizado sobre a búsqueda de apelidos e nomes dos nenos e nenas do cole que teñen relación co mundo vexetal.
Se vedes que se nos escapou algún por despiste e queredes que o poñamos, só tedes que dicilo.

lunes, 13 de junio de 2016

APELIDOS E NOMES RELACIONADOS CO MUNDO VEXETAL

Tamén na entrada do centro, e relacionado co Proxecto "Cinturón verde", atoparedes unha gran árbore na que colgan das súas polas aqueles nomes e apelidos dos nenos e nenas do cole que teñen algunha relación co mundo vexetal.
Seguro que algún se nos escapou, así que si tes algunha información só tes que vir a contalo e axiña medrará das polas da arbore.

PLANO DO PATIO

Na entrada do centro atoparedes un gran plano onde poderedes consultar e recoller o tríptico coa información que vos permitirá facer a visita ao noso patio.

DECORACIÓN DOS CORREDORES

Aquí podedes ver as imaxes da decoración que cada aula fixo da especie sobre a que estivo traballando nos últimos meses.
(Abeto, Abeleira, Acivro, Bidueiro, Cornus Florida, Loureiro, Loureiro Portugués, Chopo, Carballo, Carballo Americano, Faia, Érbedo, Salgueiro, Camelia, Piñeiro, Pradairo, Castiñeiro, Maceira e Moreira).