jueves, 30 de marzo de 2017

ROTEIRO LITERARIO DOS DE 6º CON MERCHE ESPIÑO

Desta vez si que fixo bo tempo e onte o alumnado de 6º puido realizar a saída. Primeiro visitaron os obradoiros da Escola de Artes e Oficios "Mestre Mateo" e a Libraria Couceiro, onde lle falaron dos libros antigos, distintos papeis, encadernación,... Logo iniciaron o roteiro literario por Compostela da man de Merche Espiño, que anteriormente xa traballara con eles no colexio a lírica medieval. Grazas,  de novo, á Escola, á libraria e a Merche Espiño polo seu trato e dedicación.





martes, 28 de marzo de 2017

OBRADOIRO ILUSTRACIÓN NA GALERÍA SARGADELOS DO ALUMNADO DE 3º C

O alumnado de 3º C asistiu onte á Galería Sargadelos para participar na  XVII Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago de Compostela -organizada polo Departamento de Educación e Cidadanía e por KALANDRAKA-cunha sesión sobre ilustración e visita á exposición coas ilustracións e instalacións artísticas relacionadas cos libros protagonistas da Campaña, entre os que destaca a obra da que se tomou o lema deste ano, “Unha última carta”, coa que os gregos Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi gañaron o IX Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.




ENCONTRO CON IAGO LÓPEZ E O SEU "COCIÑEIRO MARTIÑO"

Hoxe os cursos de 1º e 2º asistiron a unha sesión de contacontos con Iago López, autor do libro " O cociñeiro Martiño" editado por Xerais. Un pracer, coma sempre, escoitalo e participar das súas historias.


miércoles, 22 de marzo de 2017

TALLER SOBRE O PAN NA IDADE MEDIA


Hoxe nunha aula de Infantil tivemos a sorte de contar con dúas nais que nos explicaron aspectos relacionados coa Gastronomía na Idade Media, en concreto sobre a elaboración do pan.
Os cereais que utilizaban, os distintos panes que comían segundo a clase social, o funcionamento dos fornos nas aldeas e nas cidades...
E logo os peques elaboraron coas súas mans pan de trigo (o que comían os máis privilegiados) e degustaron un riquísimo pan de centeo cocido por unhas das nais (que era o que comían as clases sociais máis baixas).
Moitas grazas a estas dúas nais pola súa colaboración.

CHARLA DO ARQUEÓLOGO MARIO CÉSAR PARA 1º E 5 ANOS

Hoxe tivemos o gran pracer de escoitar a Mario César, arqueólogo que dirixiu, entre moitas outras, as investigacións e excavacións do Castelo da Rocha Forte. Ademais é pai de Iago, alumno de Infantil que actuou de axudante. Mario faloulle ao alumnado de Infantil de 5 anos e de 1º de primaria de como xurdiu a cidade de Santiago, dos segredos que garda, da época medieval, das catapultas e bolaños,...e do Castelo da Roche Forte. Tamén aclarou as numerosas preguntas e curiosidades dos cativos/as. Un pracer escoitalo, e agradecerlle a súa predisposición e os libros cos que nos agasallou.




DÍA DA POESÍA: LÍRICA MEDIEVAL

O alumnado de 6º agasallounos, para conmemorar o Día da Poesía, cun pequeno percorrido pola "Lírica Medieval". Faláronnos dos distintos tipos de cantigas, dos xograres, dos trobadores,... e recitaron distintos versos de Martin Códax ou Pero Meogo.





jueves, 16 de marzo de 2017

PERCORRIDO DE INFANTIL POLAS RÚAS DE COMPOSTELA

Hoxe tamén foi a quenda dos maiores de Infantil, que fixeron un percorrido histórico polas rúas de Compostela con visita incluida á Catedral.

Máis información no blog Santiago Medieval.

CHARLAS PARA 3º E 5º

Hoxe tivemos a sorte de contar de novo coa historiadora Alma,  que lle ofreceu ao alumnado de 3º unha charla sobre os transportes na época Medieval e aos de 5º sobre a música e ocio nesa época.

Máis información no blog Santiago Medieval.

VISITA Á PRAZA DE ABASTOS

O alumnado de 3º, acudiu o mércores a unha visita á Praza de Abastos para complementar o seu traballo sobre a Gastronomía no Medievo.

Máis información no blog Santiago Medieval.

CHARLA E OBRADOIRO COA PROFESORA MERCHE ESPIÑO

O mércores contamos coa visita da profesora Merche Espiño, que lles dou unha charla e obradoiro ao alumnado de 6º sobre "Literatura Medieval". Un complemento perfecto ao proxecto da Biblioteca.

O vindeiro mércores tamén terán a sorte de contar con ela para un roteiro literario polas rúas de Compostela.

Máis información no blog Santiago Medieval.

NOVO BLOG SANTIAGO MEDIEVAL


Coa finalidade de dar a coñecer a toda a comunidade educativa o proxecto que dende a biblioteca expomos para este curso académico "Santiago Medieval", creamos un novo blog no que recolleremos especificamente todas as actividades e traballos levados a cabo.

Aquí tedes o enlace

viernes, 10 de marzo de 2017

CHARLAS SOBRE SANTIAGO NO MEDIEVO


Esta semana contamos coa colaboración dunha nai Historiadora para facer unhas charlas na biblioteca sobre o noso Proxecto Anual "Santiago na Idade Media".

O mércores tocoúlle o turno aos de , que están traballando sobre a gastronomía, e aos de que están centrados na vestimenta.
Hoxe foi o turno de Infantil, centrándose nas edificacións e rúas de Santiago de Compostela na Idade Media.

Moitas grazas Alma pola túa colaboración. Esperamos con gañas as próximas visitas.

"MAMÁ"

No Día adicado á muller traballadora, algúns dos colaboradores da biblioteca quixeron facer unha pequena homenaxe a tódalas mulleres que ademais son nais, contando a historia do libro titulado "Mamá" publicado pola Editorial Kalandraka.