Nesta carta ás familias queremos informarvos do Proxecto Documental Integrado (PDI) que lanzamos, a modo de retos, desde o Equipo de Biblioteca. Intentaremos entre todos/as ir acadando estos retos para que perduren no tempo. Agradecemos a vosa comprensión nestes tempos difíciles que corren e pedímosvos que vos involucredes na medida que poidades, como facedes sempre.
▼
viernes, 29 de enero de 2021
CARTA ÁS FAMILIAS. PRESENTACIÓN PDI "HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE".
martes, 19 de enero de 2021
CONCURSO DEBUXO "MI PRIMER FESTIVAL DE CINE 2020"
Durante o primeiro trimestre, os peques de 6º Infantil participaron no "Primer Festival de Cine 2020". Durante varios días gozaron da proxección dunha serie de curtas, intercaladas con pequenas e divertidas explicacións dos irmáns Claqueta.
Unha vez rematadas as visualizacións, todo o alumnado que quixera (a nivel nacional) podía participar no concurso de debuxo.
Onte saíron as valoracións do xurado e resultou gañadora, da categoría de Infantil, a nosa alumna Olivia Pérez Ruíz.
Moitos parabéns Olivia!!
Aquí deixamos colgado o seu fermoso debuxo da curta "La bruja y el bebé", da directora Eugenia Golubeva.
viernes, 15 de enero de 2021
CARTA DE ABADIÑO PRESENTANDO O PROXECTO "HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE"
Por mor das obras da biblioteca e do confinamento non puidemos traballar sobre un PDI ("Ti podes salvar o mundo")como viñemos facendo os anos anteriores. Hoxe Abadiño envíou a cada aula unha carta propoñéndolle uns retos que intentaremos ir cumprindo a partir de hoxe. En breve tamén enviaremos información ás familias.


