jueves, 22 de junio de 2017
JOAN MIRÓ TRABALLADO POLOS NEN@S DE 1ºA
Os nen@s de primeiro traballaron sobre a figura do famoso pintor e escultor Joan Miró.
Recrearon a súa escultura de "Mujer y pájaro", situada no Parque de Joan Miró en Barcelona. Tamén fixeron a súa obra de arte de pintura "Bailarina Española" e disfrazáronse de bailaríns.
Aprenderon moitas cousas e o pasaron moi ben.
E todo a partir deste libro que atoparon na biblioteca de Abadiño, "Joan Miró" da Editorial Susaeta.
martes, 20 de junio de 2017
GRAZAS COLABORADORES
lunes, 19 de junio de 2017
RECOMENDACIÓNS LECTURAS PARA O VERÁN
A piques de rematar o curso non queremos deixar de presentar, un ano máis, a nosa proposta de lecturas para as vacacións relacionadas como non podía ser doutro modo co Proxecto deste ano "Santiago no Medievo".
Esperamos que as aproveitedes e gocedes con elas.
Esperamos que as aproveitedes e gocedes con elas.
PADRIÑOS E MADRIÑAS
Aproveitando o bo tempo e os últimos días de clase, hoxe decidimos facer a actividade de padriños e madriñas lectores que tanto gusta entre o noso alumnado.
jueves, 15 de junio de 2017
ÚLTIMAS NOVIDADES
Aquí tedes as últimas adquisicións que fixemos para aumentar os fondos da biblioteca.
miércoles, 14 de junio de 2017
XORNADA DE CONCIENCIACIÓN SOBRE AS PERSOAS SORDAS
Hoxe no Lamas, co gallo do "Día Nacional de las Lenguas de Signos Españolas" celebramos, xunto a Federación de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), unha xornada de concienciación sobre este colectivo. Ao longo da mañá todo o alumnado de primaria e os de 6º de Infantil recibirán charlas e contacontos a través da linguaxe de signos e cunha intérprete.
miércoles, 7 de junio de 2017
ENCONTRO CON TOMÁS GONZÁLEZ E A SÚA "ALAIA E A DEUSA"
Hoxe o alumnado de 6º tivo un encontro con Tomás González Ahola, autor de "Alaia e a deusa" (Ed. Urco), e home polifacético da industria cultural galega coma editor ou tradutor. Un libro según César Lorenzo Gil, "encadrado no xénero do relato de aventuras, o libro ten tres virtudes:
esquiva calquera tentación pedagóxica, recrea con habilidade o escenario
da historia e constrúe o texto cun galego rigoroso".
Tomás falou da Atlantis, do Castro de Baroña, da praia do Rostro e moitas cousas máis que rodearon a súa novela e aclaroulle aos lector@s todas as dúbidas e curiosidades.
Tomás falou da Atlantis, do Castro de Baroña, da praia do Rostro e moitas cousas máis que rodearon a súa novela e aclaroulle aos lector@s todas as dúbidas e curiosidades.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)