jueves, 31 de enero de 2019

ENCONTRO CON PAULA CARBALLEIRA.



Esta mañán tivemos a sempre agradable visita de Paula Carballeira que lles falou, ao alumnado de 3º de primaria, do seu libro "Bruxa e familia" editado por Oqueleo. Tamén houbo un tempo para preguntas e para que lles asinase os libros. 
Un pracer escoitala e agardamos volver a vela pronto.



jueves, 24 de enero de 2019

DÍA DA PAZ

Exposición na entrada do cole con fondos da biblioteca para traballar nas aulas o Día Escolar pola Paz.

martes, 22 de enero de 2019

CHARLA RECÍCLATE CON SOGAMA.

Na mañá de onte dous alumnos/as de cada clase de Primaria asistiron na Biblioteca a unha charla formativa enmarcada dentro do programa no que estamos participando "Recíclate con Sogama". A idea é que despois estes "representantes" lle expliquen aos demais compañeiros/as de clase todo o que aprenderon sobre os "3 erres" para logo poñelo en práctica tanto no colexio coma na casa. Aprendemos o que ten que ir en cada colector, identificar o punto verde nas etiquetas, a importancia de reducir e moitas cousas máis. Ademais contamos cos maiores para que llo expliquen tamén aos nenos/as de Infantil.
No seguinte enlace tedes moita máis información sobre este tema: http://www.sogama.gal/gl/info/campanas-programas-e-cursos