martes, 21 de diciembre de 2021

VISITA DO APALPADOR

Hoxe, o alumnado de infantil, 1º e 2º de Primaria recibiron con gran ledicia unha visita moi especial: O APALPADOR, unha das personaxes tradicionais do noso Nadal.

O apalpador é unha persoaxe orixinaria das montañas do Caurel e dos Ancares que cada 24 de decembro visita a todos os nenos e nenas deixándolles unha presa de castañas e agasallos, ademais de, desexarlles un aninovo cheo de felicidade e comida.

Nesta ocasión, o apalpador aproveitou a súa visita, ao cole, para lerlles un fermoso conto e entregarlles un pequeno agasallo ao alumnado de infantil, 1º e 2º de Primaria.

viernes, 10 de diciembre de 2021

jueves, 9 de diciembre de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2021

Aquí vos deixamos as nosas recomendacións para este NADAL 21 con suxestivas novidades para todas as categorías de lectores e idades: lectura doada, adultos...

Agardamos que sexan do voso agrado e gocedes con estas lecturas.

Non vos esquezades de colaborar co pequeno comercio do barrio e da cidade mercando nas súas librarías.


sábado, 4 de diciembre de 2021

OBRADOIRO CON IVÁN SENDE

 

Continuando coas visitas iniciadas co espectáculo "Little neno descobre... Os Beatles", o venres, día 3 de decembro, o alumnado de 6ºD participou nun encontro-obradoiro co ilustrador e historietista Iván Sende, nado no Concello de Vedra, preto do de Santiago.

Este autor comezou a súa andaina ilustrando libros tan coñecidos como: "Usha", "Lía e as zapatillas de deporte" e "O monstro das palabras" da escritora María Reimóndez".

A súa primeira obra en solitario foi "Bea" a que lle seguiron outras como: "Estoy aquí, la vida de Romana Maharshi",·Advaita" e "El secreto del Salmo 46".
O alumnado seguiu con moito interese a súa exposición e ensinanzas.


Como punto final desta actividade o alumnado realizoulle unha interesante entrevista radiofónica  que podedes escoitar no blog da nosa radio escolar "En clave de Lamas".


martes, 30 de noviembre de 2021

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Aínda que todos os días do ano, no noso centro, temos o compromiso de traballar para previr calquera tipo de violencia, o 25 de Novembro é a data elixida por nós para darlle unha maior visibilidade ao noso rexeitamento á Violencia de Xénero.

Seguindo este compromiso, dende a biblio, tamén quixemos por o noso gran de area organizando unha pequena exposición de lecturas relacionadas coa igualdade.

Nesta exposición, destacamos palabras como: RESPECTO, EQUIDADE, INCLUSIÓN, LIBERDADE,... co fin de facer pensar e reflexionar ao alumnado sobre o seu significado e a importancia que teñen estas no desenvolvemento do noso día a día. 

lunes, 25 de octubre de 2021

QUE MEDOOOOO!





Atréveste a facer unha viaxe a través do medo? 
Se eres dos que che gusta experimentar e vivir emocións fortes acude a biblioteca esta semana durante os recreos. 
Hoxe comezamos coa proxección das curtas de medo! 
Aquí vos deixamos as datas:
  • Luns 25:
    •  1º Primaria: "Corre, corre cabaciña" e "A bruxa regañadentes"
    •  4º Primaria: "A bruxa regañadentes"
  • Martes 26:
    •  2º Primaria: "A bruxa regañadentes" e "Fiz, o coleccionista de medos"
    •  5º Primaria: "Fiz, o coleccionista de medos" e "A meiga chuchona"
  • Xoves 28: 
    •  3º Primaria: "Fiz, o coleccionista de medos"
    •  6º Primaria: "A meiga chuchona" e "La historia del espantapájaros"
Os nenos e nenas de 4º Primaria foron algúns dos nosos visitantes de hoxe:
 



viernes, 22 de octubre de 2021

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Durante a semana do 25 ao 29 de outubro emitiremos, durante as dúas quendas de recreo, unhas curtametraxes relacionadas co medo e o samaín. Atrevédesvos a vir.

lunes, 18 de octubre de 2021

DÍA DAS ESCRITORAS.

Hoxe, 18 de outubro, conmemorase o Día das Escritoras. A raíz desta data, o curso pasado o equipo de biblioteca preparou unha proposta que pretendemos perdure no tempo e non só se quede nunha data, polo que actualizamos a entrada. A idea é que desde as titorías traballen o documento cunha escolma de escritoras galegas que eliximos (evidentemente non están todas as que deberían), coñecer as distintas obras que viaxan nas maletas, e para finalizar participar no "vídeoxogo" de preguntas e respostas que enlazamos aquí. Tamén desde casa podedes participar e indagar sobre estas escritoras e incluso engadir outras.



Neste enlace tamén hai máis propostas interesantes: https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1560

viernes, 15 de octubre de 2021

MOCHILAS VIAXEIRAS

Abadiño, a pesar da máscara , volve a amosar un gran sorriso porque de novo pode enviar ás casas as súas "Mochilas Viaxeiras". De venres a venres un alumno/a de cada clase levará unha "Mochila" (25 en total) chea de maxia, aventuras, viaxes, información,...para a casa e poder compartir coa familia. A idea non é ter que ler todos os libros se non que é compartir coa familia momentos a través dos libros. Tamén ten que haber momentos para lectura individual. Levades un caderno por se queredes explicarlle a Abadiño cousiñas sobre o contido da Mochila. A gozar!

lunes, 11 de octubre de 2021

LITTLE NENO DESCOBRE...OS BEATLES

Cantas gañas tiña Abadiño e o colexio de recibir visitas e espectáculos arredor dos libros. Grazas a Fran Villasenín e A Reixa Producións, o alumnado de 1º A, B e C asistiu a unha sesión chea de aventuras e de boa música. O espectáculo (que foron dúas sesións para respectar os aforos)xirou arredor do libro "Little Neno descobre...os Beatles" e os nenos/as soñaron, sorprendéronse, sufriron con Renato e sobre todo bailaron. Un gran elenco de artistas fixo posible este contacontos e aproveitamos para estrear á radio cunha entrevista á actriz e presentadora Neves Rodríguez e ao músico Espiño. Seguiremos de preto as andanzas de Little Neno.

martes, 21 de septiembre de 2021

INICIO CURSO 21-22

Un ano máis Abadiño está de volta e neste curso 21-22 agardamos, que pouco a pouco, volvamos á ansiada "normalidade". Ate outubro non abriremos a biblioteca nos recreos, aínda que xa vos podemos ir adiantando que as quendas serán semellantes ao curso pasado. Xa fixemos a convocatoria para os voluntarios/as da Biblio, e outro curso máis, Abadiño está moi contento co gran número de nenos e nenas de 6º de primaria que queren colaborar con el. Como novidade importante, este curso poñeremos en marcha dous club de lectura. A oferta de inicio farase para o alumnado de 5º e 6º de primaria. A profesora Marta será a ancargada de coordinalos. Tamén seguiremos coa Radio na Biblio, coordinado pola profesora Beatriz. Tamén retomaremos propostas para a Biblioteca Creativa. Seguimos actualizando os protocolos para este curso e en breve, contamos poder dar conta deles. "A Biblioteca escolar ten a palabra" é o lema elixido pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia para este curso e nós queremos seguir sendo partícipes para que así sexa. Aburiño!

lunes, 21 de junio de 2021

DIPLOMAS PARA OS COLABORADORES

Outro curso máis, temos que agradecer a labor e o traballo feito polo alumnado de 6º na organización e xestión da nosa biblioteca. Foi un ano atípico pero, a súa ilusión e gañas de axudar, fixeron máis doado o seu funcionamento. Moitas grazas a todas e todos!!

miércoles, 16 de junio de 2021

BOLETÍN DE RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Presentamos o boletín de recomendacións para o verán "Bucea nun mar de lecturas". Unha pequena escolma para toda a familia e para que vos sigades somerxendo e gozando coa lectura. Bo verán.

RETOMAMOS A HORA DE LER NO PATIO.

Tras un curso tan complicado ao final puidemos realizar unha das actividades que máis nos gustan;a Hora de Ler no patio. Un momento de respiro para o alumnado e profesorado gozando coa lectura.

domingo, 6 de junio de 2021

CUESTIONARIOS DE AVALIACIÓN

Aquí deixamos os enlaces nos que poderedes cubrir as enquisas de avaliación que elaboramos dende o equipo de biblioteca. 

Con elas pretendemos facer unha valoración deste curso escolar, de cara a posibles modificacións e melloras para o vindeiro curso académico e tendo en conta os protocolos sanitarios e educativos que dispoñan dende a Xunta de Galicia. 

Son tres formularios distintos, un para as familias, outro para o profesorado e outro para o alumnado.

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración. 


ALUMNADO












viernes, 4 de junio de 2021

"O SOÑO DE LIAM" de DAVID NAVARRO.

 Hoxe as tres clases de 1º de primaria recibiron unha visita moi especial. David Navarro Brugal, ate esta tempada, xogador profesional de Baloncesto (Andorra, Valencia, Obradoiro, Ourense,...) veulles a contar o seu conto "O soño de Liam"en Excellence Editorial. Por mor da pandemia non o puido presentar e aproveitou para facelo e comentarlles que os soños ás veces fánse realidade pero hai que ser constantes e traballadores para conseguilo. Tamén fixéronlle un sinfín de preguntas ás que repondeu moi amablemente. Moitas grazas David e a Santiago da libraría Mayso.






jueves, 6 de mayo de 2021

CADA DÍA, FAMILIA.

Hoxe a escritora e xornalista Andrea Barreira Freije estivo no cole realizando, cos tres cursos de 5º de primaria, un Obradoiro de poesía "Cada día, familia", ao redor da figura de Xela Arias. Baseándose no libro de Xela "Darío a diario" cada neno/a creou a súa obra pensando nun familiar ou amigo/a. Ademais aproveitamos a presenza de Andrea para que nos asinase para a biblioteca o seu libro "Non hai luz sen escuridade". Agradecemos á Asociación de Escritoras Escritores en Lingua Galega (AELG) a organización da actividade.

 




 

jueves, 29 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO. LECTURAS COMPARTIDAS.

 O pasado 23 de abril o alumnado de 6ºA quixo conmemorar o Día do Libro compartindo lecturas con distintas titorías do colexio que eles/as elixiron libremente. Fixeron unha actividade que botabamos moito de menos. Moitas grazas a todos/as pola iniciativa e agardamos podela repetir con outros cursos. 

No blog de 6º A tamén hai unha entrada da actividade, aquí tedes o enlace DÍA DO LIBRO

 







 

jueves, 22 de abril de 2021

REGUEIFAS POLO DÍA DO LIBRO.

Aproveitando o Obradoiro de Regueifa que recibiu o alumnado a pasada semana, moitos deles/as animáronse a facer as súas rimas relacionadas co libro, a lectura ou a biblioteca. Para a proposta, grazas a Lupe, Josiño e a Rabela, dabámoslles unhas palabras clave (verdura-lectura), un verso (Estamos na biblioteca) ou distintas palabras que tiñan que aparecer na regueifa na orde que quixeran (conto, libro,..). Tamén tiñan a opción de facelas libremente. Foi un magnífico e divertido exercicio para traballar a oralidade, coñecer e practicar as regueifas, e darlle valor ao noso e ao mundo da lecturas.

Ademais estamos elaborando un libro coas súas regueifas para engadir aos fondos da biblioteca e que poderán levar en préstamo. Longa vida á Regueifa e aos Libros. Moitas grazas a todos os participantes.





 

miércoles, 21 de abril de 2021

SEMANA ESCOLAR DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO.

Hoxe asistimos co curso de 4ºC de primaria ao Centro Internacional de Acollida aos Peregrinos, para a presentación da Semana Escolar dos Camiños de Santiago. Unha acción para o mundo escolar na que xa participamos fai dous cursos na súa primeira edición. Está promovida pola Xunta de Galicia dentro do programa O teu Xacobeo, e executada por Versátil Servizos Editoriais. Con esta campaña proporanse unha serie de actividades, rexidas polo conto "Sucedeu no Camiño Primitivo" de Xose A. Perozo que recibiu de agasallo todo o alumnado de 4º, 5º e 6º.

martes, 13 de abril de 2021

jueves, 25 de marzo de 2021

CONCURSO "EU SON..."

     Este ano para conmemorar o Día do Libro Infantil, a Asociación Galega do libro Infantil e Xuvenil (Gálix) convoca o concurso "Eu son...".

A idea do concurso é gravar un vídeo de 1 minuto representando a vosa personaxe favorita da literatura galega.

Podedes participar en dúas das categorías: 

  • #EUSONINICIAL (alumnado de 1º, 2º e 3º)
  • #EUSONAVANZADO (alumnado de 4º, 5º e 6º)
Para participar, teredes que subilo a unha das seguintes plataformas: Tik tok, Instagram ou Twitter e sempre cos cancelos #DILIGALIX2021 e #GALIX. Tedes a información completa en:
ww.galix.org/2021/03/eu-son-concurso-de-galix-polo-dia.html 



Adiante artistas, de seguro sairán unhas ideas chulísimas!!!



miércoles, 24 de marzo de 2021

III CONCURSO PODCAST- RADIO NA BIBLIO

    Un ano máis, dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidad e en colaboración coa Radio Galega, acaba de saír a convocatoria para o concurso de podcast de radio na biblio. 

    Este ano como a homenaxeada das Letras Galegas é Xela Arias (escritora, traductora, editora e profesora), a temática poderá versar sobre:

  • Aspectos bio-bibliográficos da autora. 
  • Estimulación da lectura de poesía galega. 
  • O mundo do libro, da edición e da tradución. 
Dende o noso centro poderemos participar en dúas das modalidades:
  • Alumnado de Infantil e 1º/2º Primaria. 
  • Alumnado de 3º a 6º Primaria.
Animádevos e non deixedes de participar!! 

Tedes ata o 26 de abril para pensar ideas e montar o podcast na radio da escola. 

Calquera dúbida pasade pola biblio e a comentades con algún membro do equipo.







viernes, 5 de marzo de 2021

DÍA DE ROSALÍA 2021

Tras un arduo traballo de edición da profe Mercedes aquí vos deixamos os vídeos con todas as vosas fantásticas aportacións que nos fixéstedes chegar para conmemorar este día. Agardamos que non se nos pasara poñer algunha das fotos, se non facede o favor de avisarnos. Tamén nos chegaron uns magníficos vídeos que seguro que vos encantan. Moitas grazas pola vosa implicación.


viernes, 26 de febrero de 2021

ÚLTIMOS DÍAS PARA A PROPOSTA DO DÍA ROSALÍA

Chegaron xa ao correo moitas fotos coas estrofas de Rosalía de Castro.

O bo tempo que teremos esta fin de semana será unha boa axuda para facer esas fermosas fotiñas  e envialas ao correo de Abadiño (bibliotecalamas@gmail.com) como moi tarde o luns 1 de marzo antes das 14:00. Aquí mostramos un par de exemplos das que nos foron chegando.

Moitas grazas pola vosa participación. 








martes, 23 de febrero de 2021

KAMISHIBAI DÍA DE ROSALÍA

Ánxela e Noa de 6º A, despois do podcast para conmemorar o Día De Rosalía, quixeron representar a través do Kamishibai a mesma obra "Rosalía" de Helena Villar Janeiro e Ánxeles Ferrer, editado pola Fundación Rosalía de Castro. Grazas polo voso traballo. 

viernes, 19 de febrero de 2021

Proposta para o Día de Rosalía de Castro.

As fotos tédelas que mandar ao correo: bibliotecalamas@gmail.com Entre todos/as seguro que somos capaces de facerlle unha boa homenaxe a Rosalía de Castro.

jueves, 11 de febrero de 2021

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

 Hoxe o alumnado de 6º asistiu á Xornada divulgativa “As ciencias escríbense en feminino”, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. O evento, seguido desde cada aula por streaming, foi organizado polo Concello de Santiago e Talentia Summit21. Está destinado a alentar ás estudantes con información e referentes a seguir no ámbito das ramas científicas ou STEM (sigla en inglés de ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas). Neste Día Internacional é necesario asumir o compromiso de poñer fin ao desequilibrio de xénero nestas disciplinas.




 

 

viernes, 29 de enero de 2021

CARTA ÁS FAMILIAS. PRESENTACIÓN PDI "HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE".

     Nesta carta ás familias queremos informarvos do Proxecto Documental Integrado (PDI) que lanzamos, a modo de retos, desde o Equipo de Biblioteca. Intentaremos entre todos/as ir acadando estos retos para que perduren no tempo. Agradecemos a vosa comprensión nestes tempos difíciles que corren e pedímosvos que vos involucredes na medida que poidades, como facedes sempre.



martes, 19 de enero de 2021

CONCURSO DEBUXO "MI PRIMER FESTIVAL DE CINE 2020"

Durante o primeiro trimestre, os peques de 6º Infantil participaron no "Primer Festival de Cine 2020". Durante varios días gozaron da proxección dunha serie de curtas, intercaladas con pequenas e divertidas explicacións dos irmáns Claqueta.
Unha vez rematadas as visualizacións, todo o alumnado que quixera (a nivel nacional) podía participar no concurso de debuxo.
Onte saíron as valoracións do xurado e resultou gañadora, da categoría de Infantil, a nosa alumna Olivia Pérez Ruíz. 

Moitos parabéns Olivia!! 

Aquí deixamos colgado o seu fermoso debuxo da curta "La bruja y el bebé", da directora Eugenia Golubeva.