jueves, 28 de febrero de 2019

ENTROIDO SEGURO E SEN RISCOS.

Esta mañán o alumnado de 5º e 6º de primaria recibiron unha charla sobre os productos máis consumidos polos rapaces/as no Entroido e como saber se son seguros e sen riscos. Estivo organizada polo Instituto Galego de Consumo e da Competencia. Ademais da charla houbo un obradoiro práctico a través dun xogo de rol no que os nenos e nenas realizaron o traballo de "inspectores/as de consumo". Un encontro ben interesante e que incluímos dentro das propostas do PDI dos 3R.

domingo, 24 de febrero de 2019

VIDEO ROSALÍA DE CASTRO

Para conmemorar o Día de Rosalía pedímoslles ás familias a súa colaboración. Tan so tiñan que recitar un verso e logo a profe Maria Lorenzo encargouse da montaxe a través da técnica do croma.

Este é o fantástico resultado. Moitas grazas ás familias que o fixeron posible.

#libre o meu pensamento


miércoles, 20 de febrero de 2019

OS ELECTRECOS, OS BOLECHAS E OS RAEE

Esta mañá recibimos a visita dos Bolechas Electrecos, que son un equipo de superheroes que ten como misión reducir os residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), e tamén reciclalos. Asistiu á sesión o alumnado de 2º de primaria que profundizaron neste tema e comprometéronse a axudar aos Electrecos. Tedes máis información e podédevos unir todos/as en https://www.oqueseenchufareciclase.gal/osbolechas . Grazas á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda por achegarnos aos Bolechas.

NOVO BLOG DE RADIO LAMAS

Temos un novo blog de centro no que se irán subindo podcast sobre temáticas variadas, o primeiro deles trata sobre o Entroido en Lamas.
Tedes enlaces ao mesmo na barra esquerda do noso blog da biblioteca así como na páxina web do centro.


lunes, 11 de febrero de 2019

CHARLA "HAZLO VERDE".

Dentro do programa de sensibilización educativa cara o medio ambiente "Hazlo verde" que desenvolve a empresa Leroy Merlín, os nenos/as de 3º e 4º de primaria asistiron esta mañán a unha charla-obradoiro. Poideron coñecer de que xeito temos para reducir o consumo de auga e luz ou como reutilizar botellas de plástico para empregar coma maceteiros. Ademais agasalláronos cunha pulseira e un conto.



jueves, 7 de febrero de 2019

CONCURSO FOTOGRÁFICO PILABOT

Dentro do concurso Pilabot de recollida de pilas e acumuladores no que participou o colexio, tamén había un concurso fotográfico no que podía participar calquera alumno/a que o desexase. A nosa alumna Nadia de 5º de primaria ten a súa fotografía seleccionada e precisa dun pequeno empurrón para facerse cun dos premios. Para iso debedes de entrar no Facebook, na páxina de Pilabot e darlle a "gústame . O prazo finaliza o 10 de febreiro. Grazas.