domingo, 29 de marzo de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.

Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de dar a coñecer os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil. Selecciona un escritor/a representativo/a e a un recoñecido/a ilustrador/a do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos/as do mundo e o cartel que se distribúe para a promoción da celebración nas bibliotecas, centros escolares, librarías, etc. Este ano correspondeulle á sección de Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetina (co título de «Fame de palabras»), ilustrado por Damijan Stepančič. Parte da mensaxe deste ano fala de que "...as palabras nos poemas e nos contos son alimento. Non alimento para o corpo, nada que poida encher o estómago. Son alimento para o espírito e para a alma"...

Abadiño tamén quere alimentar o seu espírito e a súa alma con palabras vosas, porque leva uns días moi só na biblioteca. Por iso, propoñémosvos que para conmemorar esta data lle enviedes un debuxo con palabras que a vós tamén vos enchan o espírito e a alma. Podedes facelo coa técnica e material que queirades (mellor en A4 ) para poder enviárnolo á conta de correo bibliotecalamas@gmail.com Logo publicarémolas no blog. Moitas grazas a todos/as.

domingo, 22 de marzo de 2020

RECOMENDACIÓN DE OLIVIA DE 4º B

Aquí tedes unha nova recomendación, nesta ocasión compartida por Olivia da aula 4ºB.
Tamén comparte a lectura do libro "Chirlo Merlo na Figuiera", de Darío Xohán Cabana, que aprendera coa profe Elisa cuando estivo en 2º (polo Día da Poesía).

Moitas grazas a Olivia e a súa nai por compartir estes momentos!!



NOVA RECOMENDACIÓN



A profe Marta de 6º de EI, quere recomendar para estes días na casa, o libro "A que sabe a lúa?" publicado pola editorial Kalandraka.

sábado, 21 de marzo de 2020

SEMANA DA POESÍA. A "CENTONEAR".

Abadiño quere celebrar o Día da Poesía propoñendo unha actividade para estes vindeiros días. Seguindo a proposta do seu colega, o Bufo Lector do CEIP. Sofía Casanova, animámosvos a crear CENTÓNS. Que son os CENTÓNS?

Un centón é un poema elaborado con versos ou medios versos preexistentes, é dicir, doutros/as autores/as. É un exercicio de creación no que se elabora un texto totalmente novo a partir de fragmentos doutros textos. A gracia dun bo centón é que non o pareza. O centonador ou centonadora poden utilizar versos enteiros, pero nunca dous versos seguidos que aparezan nun mesmo poema do mesmo/a autor/a. Anímaste a centonear?

Podedes facer un vídeo, un audio ou escribilo e decoralo (pdf), e mandárnolo ao correo: bibliotecalamas@gmail.com
e deste modo estaremos todos/as un pouco máis unidos/as véndonos-oíndonos no blog.

RECOMENDACIÓN DÍA POESÍA

E continuando coas recomendacións no Día da Poesía, Darío de 5º de Educación Infantil e a súa mamá Berta Dávila recomendan un fermoso libro de Antonio Garcia Teijeiro, "Paseniño, paseniño" da editorial Xerais.



Moitas grazas polo poema Darío!!

viernes, 20 de marzo de 2020

RECOMENDACIÓN LITERARIA E DÍA DA POESÍA

Temos a nosa primeira recomendación que coincide co Día da Poesía. Trátase do libro "Lueiro de papel" de Antonio García Teijeiro da editorial Xerais, grazas a Xavi de 6º de Infantil e a súa nai María.

Animámosvos a que mandedes as vosas recomendacións.

martes, 17 de marzo de 2020

CORENTENA LITERARIA. VÍDEOS RECOMENDACIÓNS.

Debido á situación pola que estamos atravesando, Abadiño tamén quere participar e sentirse acompañado, polo que, imos a intentar retomar o apartado de "Vídeos Recomendacións" do blog (podedes ver os que xa se fixeron outros anos). Animámosvos a todos/as, de xeito individual, en pequeno grupo, familia,... a crear un vídeo recomendándonos unha lectura que vos gustase e pensedes que pode ser de interese para o resto, e de paso poder vernos. Atrevédevos a ser "BookTubers". Tedes liberdade para recrearvos como queirades (disfrazarvos coa temática do libro, dos/das protagonistas,...)pero lembra aclarar ben o Título, autor/a, editorial e, por suposto, non fagas "spoiler" para que todos/as poidamos gozar do final do libro. Ah! non esquezades enviarmo á seguinte dirección de correo: bibliotecalamas@gmail.com e que non exceda de 1-2 minutos.
Estade atentos ao meu blog que iremos propoñendo máis cousiñas. Forte aperta para todos/as e ánimo, seguro que pronto non volveremos a ver na biblioteca.

lunes, 2 de marzo de 2020

DÍA DE ROSALÍA 2020.

O pasado 24 de febreiro conmemorouse o Día de Rosalía e dende a bibloteca quixemos facerlle a nosa homenaxe estes días. Durante os recreos do xoves 27 e venres 28 o alumnado de primaria participou nun obradorio de postais. Cada participante escolleu varios versos de Rosalía para logo escribilos nunha postal e enviarlla ou darlla a quen querían. Tamén participou a clase de 4º C e aínda participará algunha clase máis durante a vindeira semana.
O lema elixido pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega para conmemorar esta data foi: "Ambos Errantes polo mundo andamos", polo que escollemos poemas de Rosalía relacionados coa emigración como "Tecín soia a miña tela", “Airiños airiños, aires”, “Adios rios, adios fontes”, “Castellanos de Castilla”, “Vivir para ver”, “Pra a Habana!”, “Daquelas que cantan”, “Amores cativos” ou “A xustiza pola man”.