miércoles, 15 de mayo de 2013

ENCONTRO COA ESCRITORA TERESA MOURE


Hoxe, os alumn@s do 1º ciclo tiveron a sorte de pasar un rato coa escritora Teresa Moure, nai dun alumno do noso centro. Aproveitaron a ocasión para charlar e facerlle unha chea de preguntas e comentarios sobre o mundo da escrita e outros temas.

Veu falar de dous fermosos libros que tratan sobre os sentimentos e emocións das mulleres cando van a ser nais, así como dos lazos de unión e o amor nas relacións entre a nai e o seu fillo recén nado. Libros que forman parte das caixas da hora de ler das aulas do 1º ciclo, polo que pareceunos unha boa idea que os rapaces coñeceran en persoa á creadora destas fermosas historias.

Moitas grazas Teresa pola túa visita.






lunes, 13 de mayo de 2013

DECORAMOS AS BIBLIOS DE AULA

Outra das actividades que organizamos para o Mes dos libros foi a de decorar e facer un pouco máis vistosos os espazos que nas nosas aulas adicamos á lectura, eses pequenos recunchos cos que disfrutamos na Hora de ler e noutros momentos da xornada escolar.

Na presentación que tedes a continuación podedes ver as aulas que participaron e se queredes votar pola que máis vos gustou deixade un comentario nesta entrada.

Sorte a tod@s e a seguir disfrutando deses MOMENTOS DE LECTURA


jueves, 25 de abril de 2013

HORA LER NO PATIO

Hoxe, continuando coas actividades do mes dos libros, saímos ao patio na hora de ler. E como veredes, estes dous factores SOL+LECTURA non podía traer máis que bos resultados.

Non tedes máis que mirar as imaxes.


martes, 23 de abril de 2013

PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTOR@S

Hoxe no cole celebramos o Día do libro. Esta foi unha das actividades que programamos para este mes de abril. Nesta ocasión os maiores de 6º, 5º e 4º prepararon un conto da biblioteca para contárllelo ao resto de pequenos do cole.

Foi unha actividade fermosísima na que grandes e pequenos quedaron encantados coa experiencia, e de seguro que con moitas gañas de repetir.


OS RAPACES DE 1º PLANTAN ÉRBEDOS

O pasado venres 19 de abril, os nenos e nenas de 1º de primaria, coa axuda das nosas titoras, plantamos dous érbedos nun espazo do noso recinto.



Temos moitas ganas de velos medrar curso tras curso, ver como florecen e producen froitos.
Cando sexamos maiores seguiremos visitándoos.




lunes, 22 de abril de 2013

PEQUES DE LAMAS NA INAUGURACIÓN DA XIII CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA DA EDITORIAL KALANDRAKA

Hoxe, algúns dos peques de Infantil saíron de excursión por Santiago. A meta era a galería Sargadelos, onde un ano máis Kalandraka facía a presentación da súa campaña de animación á lectura en colaboración co Concello.

Foron 60 minutiños ben completos, cargados de historias e música da man de Patricia e Álex. Presentáronnos varios libros: Bandada, No Bosque, Niños e A galiña roxa, e ata houbo tempo para unha fermosa presentación musicada sobre a vida de Rosalía de Castro.



Foi unha mañá ben aproveitada, o que non quere dicir que non quedaramos con máis gañas de continuar escoitando outras fermosas historias.


martes, 9 de abril de 2013

CONTACONTOS PARA OS NOSOS PEQUES DE LAMAS

Hoxe tivemos unha visita moi especial na nosa biblioteca. Veu Iago, un contacontos que fixo que pasaramos un rato moi divertido. Contounos o libro "Linda á espreita" da editorial Xerais.

Co seu ton de voz tan fermoso e a fantástica historia de Linda, fixo que os nosos peques puxeran estas cariñas. Mirade, mirade!!

domingo, 24 de marzo de 2013

DÍA POESÍA

O venres despedimos o trimestre celebrando o Día da Poesía, que se conmemorou o 21 de marzo. Rematamos de decorar a entrada do centro cos paraugas que elaboraron os rapaces e rapazas e dos que colgaban as pingas cos poemas, estrofas ou versos que traballaron nas aulas. Mirade que bonitos e alegres quedaron!




Ademais fixemos o noso obradoiro de lectura trimestral, que como non podía ser doutro modo, estivo adicado á Poesía. Coma nas outras ocasións, os profes escolleron a lectura e o espacio, elaboraron o cartel para facer publicidade da mesma e logo os nen@s íanse anotando naquelas que querían escoitar. Nin que decir ten, que a eles esta actividade lles encanta e que todos xuntos pasamos un momento moi agradable.

jueves, 14 de marzo de 2013

CONTACONTOS E TALLER COCIÑA A CARGO DAS ALUMNAS DO CIFP COMPOSTELA

O martes tivemos a sorte de contar de novo coa visita das alumnas en prácticas do ciclo de Infantil do CIFP Compostela. Repartironse polas aulas de Infantil e comezaron a sesión contando unha serie de contos como: O polo Pepe, Unha eiruga moi larpeira, La manzana y la mariposa... que derivaron logo nuns talleres de cociña.

Qué rico estaba todo! Uns verdadeiros cociñeiros e cociñeiras, incluso daba penar comer algunhas das obras de arte que crearon os nosos pequenos.

Mirade as fotos e veredes os resultados.

martes, 5 de marzo de 2013

VISITA DO ESCRITOR PEPE MAESTRO

O luns a primeiriña hora da mañá tivemos unha visita na nosa biblioteca. O escritor Pepe Maestro veu deleitar coas súas historias aos rapaces do primeiro ciclo. Foi unha visita curta pero moi rica, xa que os pequenos quedaron totalmente prendados coas súas narracións...tanto que ao remate só se lles escoitaba berrar:
"Tú si que vales!!".
Velaí unhas cantas fotos que ilustran o momento.

miércoles, 27 de febrero de 2013

DÍA DE ROSALÍA

O Domingo conmemorouse o 176 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, e con tal motivo quixemos propoñer dende a biblioteca unha pequena actividade para traballar un pouco a obra desta autora.
Ademais neste 2013, no mes de xullo, cúmplense 150 anos da publicación do seu libro "Cantares Gallegos".
Nesta ocasión e partindo deste fermoso libro ilustrado dun dos seus poemas, "Parece unha rosa" da editorial Espiral Maior, propuxemos ás aulas que fixeran unha ilustración en A3 das estrofas para decorar a entrada do noso centro.

Mirade que bonito quedou:



A maiores noutras aulas tamén fixeron algún que outro traballo sobre Rosalía:


E un grupo de rapaces adicoulle un rap, aquí tedes aos "Rapeiros de Lamas":


miércoles, 6 de febrero de 2013

TRABALLANDO O ENTROIDO

Dende o equipo de normalización lingüística e a biblioteca preparouse unha proposta didáctica para traballar o Entroido. A idea é facer un pequeno xogo de investigación para descubrir novas cousas sobre a tradicíón do Entroido nas terras do Ulla, moi preto do noso centro.

Algúns rapaces do cole participan desta tradición e recitan coplas tratando con moita ironía temas de actualidade.Aquí tedes un pequeno exemplo

lunes, 4 de febrero de 2013

O ENTROIDO CHEGA A LAMAS

Pois si, xa estamos na semana do Entroido e polo cole xa apareceu Dona Meca, cos grelos fresquiños da nosa terra e listos para meter na pota do cocido. :)


Aquí podedes ler os versos que escribiu para engalanarnos durante a semana.











sábado, 2 de febrero de 2013

CELEBRAMOS O DÍA ESCOLAR DA PAZ

Estos días pasados, os rapaces cos seus titores, estiveron preparando as actividades para conmemorar o Día escolar da Paz; actividades propostas polo equipo de biblioteca e o equipo de convivencia.
Unha delas foi a de traballar o poema “In Flanders' Fields” escrito por John McCrae en 1915, que fala dos campos de papoulas de Flandes, unha reflexión sobre as consecuencias da guerra. Así, todo o centro fixemos unha flor con papel hixiénico, como símbolo da Paz, que levamos prendida na roupa ese día.




Na biblioteca había unha exposición de libros sobre o tema, que as distintas clases tiveron que consultar para resolver as preguntas do xogo de pistas e de educación documental.

En Infantil:

En 1º e 2º ciclo:

En 3º ciclo:

Aquí tedes unha pequena mostra deses momentos na biblioteca:



Abadiño prometeulles aos rapaces que se resolvían con éxito as preguntas, terían unha pequena sorpresa. Que sería???

lunes, 28 de enero de 2013

OS RAPACES DE 1º PRESENTAN OS PELELLIÑOS AOS COMPAÑEIROS DE 2º

O outro día na nosa biblio, os rapaces de 1º A e 1º B, fixeron unha presentación para os seus compis. Explicaron en que consistira o seu traballo sobre estos libros de Anxo Fariña, e como traballaran nas súas casas elaborando os muñecos. Cada un deles, cando saía a foto do seu Pelelliño recitaba o pareado que inventara.
Algún era tan divertido, mirade, mirade...
O Pelelliño león
é un comilón

O Pelelliño gato
dorme no meu zapato

O Pelelliño can
come na miña man

O Pelelliño morcego
a todos da moito medo

Todos quedaron moi contentos, uns orgullosos da súa presentación e outros desexando coñecer máis destes maravillosos amigos.






jueves, 17 de enero de 2013

NOVA ZONA ADICADA ÁS FAMILIAS

Esta semana estrenamos unha nova zona na entrada do noso centro, que pretende ser unha prolongación do espacio da biblioteca.

É unha zona adicada ás familias, nas que poderedes ollar, consultar e levar en préstamo os libros que alí temos expostos.

Son libros adicados fundamentalmente á educación dos fill@s, aínda que tamén temos algunha novela, libros de fotografías, etc e que pouco a pouco iremos ampliando.

Esperamos que sexa do voso a grado, e xa sabedes... Abadiño espera gustoso as vosas visitas.


viernes, 21 de diciembre de 2012

BO NADAL!

ImageChef Word Mosaic - ImageChef.com

OS COLABORADORES DO 1º TRIMESTRE REMATAN A SÚA LABOR

Parece que foi onte cando comezaban o seu traballo e lles facíamos entrega do tríptico coas súas obrigacións coa biblioteca de Abadiño, e xa pasou todo un trimestre de traballo. En agradecemento quixemos facerlles entrega dun diploma no que se recoñece a súa labor.
Moitas grazas a todos!!




sábado, 15 de diciembre de 2012

SESIÓN CONTACONTOS PARA INFANTIL

Esta semana os peques de Infantil tiveron a sorte de disfrutar duns contacontos moi especiais, as alumnas e alumnos en prácticas do CIF Compostela, que está ao carón do noso centro.
Trouxeron fermosas historias do máis variadas: A qué sabe a lúa?, Cocorico, A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza...
Disfrutámolo todos a tope e con moitas gañas de que volvan pronto a facernos outra visita.
Moitas grazas!


lunes, 10 de diciembre de 2012

AGORA SI... CON TODOS VÓS: OS PELELLIÑOSSS!!!

O 1º Ciclo de Educación Primaria, dentro do seu proxecto de Animación á Lectura “LER, UN BO XEITO DE APRENDER”, presenta “Os pelelliños chegan á escola” (inspirados nas personaxes do ilustrador Anxo Fariña).

Grazas á colaboración das familias, neste momento medio cento de pelelliños confeccionados con todo tipo de materiais adobían o noso corredor motivándonos a seguir traballando.

Seguirán chegando…
Ánimo!!!
“A lectura e a vosa imaxinación axudan á educación”


domingo, 9 de diciembre de 2012

CADERNOS DAS MOCHILAS VIAXEIRAS PRIMARIA

Aquí tedes unha presentación coas fotos das páxinas dos cadernos das mochilas viaxeiras.
Moitas grazas polas vosas aportacións e alegrámonos moito que sigades disfrutando coas lecturas que levades para as vosas casas.
Boas lecturas e ata a próxima entrega!

domingo, 25 de noviembre de 2012

LECTURAS PARA TRABALLAR NAS AULAS O 25 NOVEMBRO


Na biblio estarán expostos esta semana unha serie de lecturas coas que poderedes traballar nos ciclos o tema da violencia de xénero.

Títulos como:
Non souberon a labor que facía a súa nai ata que ela decidiu un día que xa estaba farta:- Sodes uns porcos!

Un día Billy foi vestido á escola cun vestido rosa, nese momento foi consciente das diferencias, de cómo son tratadas as nenas só polo feito de ser nenas.

Si, unha combinación perfecta. Cómic+heroína cociñeira= ??
Colleo e o descubrirás

Unha guía moi ilustrativa, para chicas e non só chicas, que nos conta moi clariño os roles que chicas e chicos deben asumir non teñen porque ser diferentes.



Estos dous últimos, uns clásicos reeditados por Kalandraka, maravillosos, un exemplo de cómo cunha historia sinxela podemos traballar a coeducación nas aulas.

25 NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Hoxe conmemórase o Día Internacional contra a violencia de xénero. Dende o Concello propuxeron aos centros escolares participar nunha actividade para traballar nas aulas estos días. No noso cole era para o 3º ciclo, os nen@s tiveron unha charla e fixeron as súas siluetas, cun lado branco onde escribian as reflexións positivas e outro negro onde puxeron as negativas.
A idea era xuntar todas as siluetas dos rapaces de tódolos centros e colocalas na praza do Obradoiro facendo un gran mural.
Aquí tedes algunha foto do proceso e do resultado final.


Actividade 25 novembro on PhotoPeach


jueves, 22 de noviembre de 2012

O COLE ESTÁ CHEO DE...

Pois si, a nosa entrada estase convertindo nun refuxio duns amiguiños de Abadiño, que non son outros que os Pelelliños.
Tedes que estar moi pero que moi atentos porque moi pronto veredes como está quedando de bonito o cole.
Pero polo momento só un pequeno avance.





viernes, 16 de noviembre de 2012

MÁIS VALE TARDE QUE NUNCA...

Pois si si, foron unhas semanas máis tarde que as dos maiores, pero por fin xa están listas as novas mochilas dos rapaces de Infantil.

Hoxe tocoulle o turno a cinco pequen@s e moi prontito disfrutaredes o resto delas.
Para comezar mirade as súas cariñas, o din todo verdade?


lunes, 12 de noviembre de 2012

BOLETÍN NOVIDADES OUTUBRO

Dende este mes, tentaremos publicar mensualmente un boletín que repartiremos polas aulas e que colgaremos no blog, mostrando así as últimas adquisicións da nosa biblio.

Esperamos que vos gusten!!

sábado, 10 de noviembre de 2012

OBRADOIRO DE LECTURA: HISTORIAS DE MEDOOOO...

Despois de algún que outro atraso, onte por fin tivemos o noso primeiro obradoiro de lecturas compartidas deste curso.

Aproveitando a data do Samaín, quixemos que foran historias de medo. Cada mestre escolleu unha lectura e un espacio. Elaboraron os carteis que anunciaban a mesma, e os rapaces tiveron que anotarse no listado pegado ao carón do cartel.

O venres despois do recreo, cada un foi para o lugar escollido e alí só quedou abrir ben as orellas e gozar dun momento terroríficoooo!!

viernes, 9 de noviembre de 2012

FORMANDO USUARIOS DENDE 3 ANOS

Esta semana foi o noso turno! Por fin, xa o estabamos desexando.

Abadiño envionos unha carta á nosa clase convidándonos á súa casa, a biblio.
Quería contarnos moitas cousas, o que alí podemos atopar, facer...tiña moitas actividades e xogos preparados e fixémolos na nova pizarra dixital e a través do seu blog.

Mirade, mirade o ben que nos portamos.
Ah, e xa temos o noso carné de biblioteca! Qué maiores! Agora xa podemos levar todas as fins de semana un libro da biblio para compartir coas nosas familias.
Velaí o noso primeiro día marchando para casa coas bolsiñas cargadas de historias!!



lunes, 5 de noviembre de 2012

OS DE 3 ANOS ADÉNTRANSE NA BIBLIO NO SAMAÍN

O día de Samaín, os peques de 3 anos aproveitaron a nova zona da que dispoñemos na biblio coa pizarra dixital, para disfrutar cun fermoso conto "Indo para o Samaín", unha adaptación do orixinal de Carlos e Sabela Labraña.

Estiveron ben quietiño e atentos, case sen pestanexar e, como recompensa disfrutaron logo dun divertido xogo de crear as súas propias cabazas.
Algunhas quedaron verdadeiramente terroríficaaasss!!

O SAMAÍN NA BIBLIO

Estos días pasados, preparamos na biblio varias zonas onde colocamos algunhas das lecturas que temos sobre temas relacionados co Samaín: monstros, bruxas, historias de misterio...
Estarán uns poucos días máis expostos, e logo volverán para os andeis deseosos que rebusquedes e os atopedes para levalos á casa e pasar un momento terroríficooooo!!