domingo, 11 de octubre de 2015
DE NOVO PADRIÑOS E MADRIÑAS
Un ano máis Abadiño convidou a maiores e pequenos a compartir uns momentos de lectura no patio. Coma sempre,os maiores foron ás aulas a buscar aos afillados e saíron fora a gozar da lectura que con tanto mimo estiveron preparando para os máis pequenos.

viernes, 2 de octubre de 2015
BENVIDOS UN CURSO MÁIS!!
Pois eso mesmo, agora si que si arrincamos un novo curso na biblioteca de Lamas de Abade. Foi un mes de setembro de organizar as mochilas viaxeiras, encher de novo as caixas das aulas para a hora de ler, de mercar novos fondos, de formación de usuarios...
Pero hoxe, aproveitando os últimos raios de sol antes de que volva a choiva saimos ao patio a facer unhas das nosas actividades favoritas, HORA DE LER NO EXTERIOR.
Para algúns era a súa primeira vez, e de seguro que non será a última.
Ata pronto a todos e saúdos lectores.

viernes, 19 de junio de 2015
RECOMENDACIÓNS PARA 5º E 6º
Os mestres e mestras de 5º e 6º queren deixar esta carta con varias recomendacións para traballar nas vacacións e comezar así o novo curso a tope.
jueves, 18 de junio de 2015
RECOMENDANDO LECTURAS
O curso chega ao seu fin pero, dende a biblioteca non queríamos deixar pasar a ocasión de achegarvos un tríptico que elaboramos, seguindo a liña do proxecto no que traballamos durante este curso sobre as rúas de mulleres, para que aproveitedes algún momento das vacacións e gocedes coas lecturas que propoñemos.
Así que a gozar das VACACIÓNS con BOAS LECTURAS, sol, praia, piscina, familia, amigos...!!!
Vémonos á volta, con moitas máis propostas que esperamos sexan do voso agrado.
Así que a gozar das VACACIÓNS con BOAS LECTURAS, sol, praia, piscina, familia, amigos...!!!
Vémonos á volta, con moitas máis propostas que esperamos sexan do voso agrado.
AGRADECEMENTO AOS COLABORADORES
Un ano máis ao remate do curso, quixemos facer unha pequena festa para os colaboradores da biblio que durante todo este tempo estiveron axudándonos para que a biblioteca funcionase o mellor posible.
Algúns xa non estarán con nós o ano que ven xa que marchan para o instituto, pero os que quedan non teñen dúbida que repetirán seguro.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!
Agora a gozar dunhas merecidas vacacións.

martes, 16 de junio de 2015
HOXE RECOMENDAN OS DE 1ºA
sábado, 13 de junio de 2015
O KAMISHIBAI CON 1ºC
Como xa fixeron outros grupos de 1º e 2º, esta vez tocoulle o turno aos nenos e nenas de 1ºC. Foron moitos meses de traballo e preparación que ao final non puideron ter mellor resultado.
Moitos debuxos, montaxes de photoshop, gravación de voces...e todo para conseguir esta marabillosa adaptación que vos mostramos a continuación.
O conto sobre o que traballaron foi "Los conquistadores" de David Mckee, da editorial Kókinos.

Aquí tedes unha pequena mostra dos bosquexos sobre os que traballaron.

Esta é a montaxe do conto.
E estas son imaxes dun dos pases que fixeron con peques de Infantil.

Gracias rapaces e rapazas polo voso traballo!!

martes, 9 de junio de 2015
NOVA RECOMENDACIÓN LECTORA
Nesta ocasión, quixeron recomendar un libro alumnado de 5ºB. Mirade que ben o fan e canto tempo adicaron a preparalo.
Podedes comprobar o éxito que tivo este ano na nosa biblio este título porque de novo ven pisando con forza "Escarlatina, a cociñeira defunta", da editorial Xerais.
Podedes comprobar o éxito que tivo este ano na nosa biblio este título porque de novo ven pisando con forza "Escarlatina, a cociñeira defunta", da editorial Xerais.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)