jueves, 16 de abril de 2020
RECOMENDACIÓN DE MANUELA E MATILDE
Matilde de 4º B e Manuela de 6ºA, envían a Abadiño un vídeo cunha recomendación para lectores autónomos. Trátase da triloxía, "Los juegos del hambre" da escritora Suzanne Collins.

REVISTA PAPAGAIO
RECOMENDACIÓN DE NEREA
lunes, 13 de abril de 2020
MANUALIDADE CON DANIELLA
Daniella, de 4º curso, quixo compartir con todos e todas un vídeo dunha manualidade.
Moitas grazas Daniella polo teu tempo.
Moitas grazas Daniella polo teu tempo.
martes, 7 de abril de 2020
RECOMENDACIÓN DE ALFONSO
Moitas grazas Alfonso Ares, de 4ºC, pola túa recomendación.
Un novo título para engadir ás estanterías de Abadiño, "Cuentos para niños que se atreven a ser diferentes" da editorial Grijalbo.
Un novo título para engadir ás estanterías de Abadiño, "Cuentos para niños que se atreven a ser diferentes" da editorial Grijalbo.
domingo, 5 de abril de 2020
LIBROS LIBERADOS E OUTRAS PROPOSTAS PARA O CONFINAMENTO.
Nesta entrada recompilamos algunhas propostas de editorias e colectivos que altruistamente, debido á corentena, decidiron liberar algúns dos seus fondos ou deleitarnos con contos contados. Moitas grazas a todos/as pola súa xenerosidade e agardamos que vós o saibades aproveitar e gozar. #Quedamosnacasa
*Lembrade que Abadiño segue recibindo os vosos vídeos, traballos e debuxos.
*Lembrade que Abadiño segue recibindo os vosos vídeos, traballos e debuxos.

jueves, 2 de abril de 2020
DEBUXOS PARA ABADIÑO POLO DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Moitas grazas a Nerea (5º A Infantil), a Xavi (6ºA Infantil) e a Xan (5°A Infantil) por agasallar a Abadiño con estes debuxos tan fermosos que lle alegrarán o día. 💗😊
RECOMENDACIÓN DE LOIS
Chegoulle a Abadiño unha nova recomendación, nesta ocasión da man de Lois Cortés, de 4ºC.
Dous libros da serie Capitán Calzoncillos, da editorial SM.
Moitas grazas Lois pola recomendación!!
Dous libros da serie Capitán Calzoncillos, da editorial SM.
Moitas grazas Lois pola recomendación!!
domingo, 29 de marzo de 2020
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.
Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de dar a coñecer os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil. Selecciona un escritor/a representativo/a e a un recoñecido/a ilustrador/a do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos/as do mundo e o cartel que se distribúe para a promoción da celebración nas bibliotecas, centros escolares, librarías, etc. Este ano correspondeulle á sección de Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetina (co título de «Fame de palabras»), ilustrado por Damijan Stepančič. Parte da mensaxe deste ano fala de que "...as palabras nos poemas e nos contos son alimento. Non alimento para o corpo, nada que poida encher o estómago. Son alimento para o espírito e para a alma"...
Abadiño tamén quere alimentar o seu espírito e a súa alma con palabras vosas, porque leva uns días moi só na biblioteca. Por iso, propoñémosvos que para conmemorar esta data lle enviedes un debuxo con palabras que a vós tamén vos enchan o espírito e a alma. Podedes facelo coa técnica e material que queirades (mellor en A4 ) para poder enviárnolo á conta de correo bibliotecalamas@gmail.com Logo publicarémolas no blog. Moitas grazas a todos/as.

domingo, 22 de marzo de 2020
RECOMENDACIÓN DE OLIVIA DE 4º B
Aquí tedes unha nova recomendación, nesta ocasión compartida por Olivia da aula 4ºB.
Tamén comparte a lectura do libro "Chirlo Merlo na Figuiera", de Darío Xohán Cabana, que aprendera coa profe Elisa cuando estivo en 2º (polo Día da Poesía).
Moitas grazas a Olivia e a súa nai por compartir estes momentos!!

NOVA RECOMENDACIÓN
A profe Marta de 6º de EI, quere recomendar para estes días na casa, o libro "A que sabe a lúa?" publicado pola editorial Kalandraka.
sábado, 21 de marzo de 2020
SEMANA DA POESÍA. A "CENTONEAR".
Abadiño quere celebrar o Día da Poesía propoñendo unha actividade para estes vindeiros días. Seguindo a proposta do seu colega, o Bufo Lector do CEIP. Sofía Casanova, animámosvos a crear CENTÓNS. Que son os CENTÓNS?
Un centón é un poema elaborado con versos ou medios versos preexistentes, é dicir, doutros/as autores/as. É un exercicio de creación no que se elabora un texto totalmente novo a partir de fragmentos doutros textos. A gracia dun bo centón é que non o pareza. O centonador ou centonadora poden utilizar versos enteiros, pero nunca dous versos seguidos que aparezan nun mesmo poema do mesmo/a autor/a. Anímaste a centonear?
Podedes facer un vídeo, un audio ou escribilo e decoralo (pdf), e mandárnolo ao correo: bibliotecalamas@gmail.com
e deste modo estaremos todos/as un pouco máis unidos/as véndonos-oíndonos no blog.

RECOMENDACIÓN DÍA POESÍA
viernes, 20 de marzo de 2020
RECOMENDACIÓN LITERARIA E DÍA DA POESÍA
Temos a nosa primeira recomendación que coincide co Día da Poesía. Trátase do libro "Lueiro de papel" de Antonio García Teijeiro da editorial Xerais, grazas a Xavi de 6º de Infantil e a súa nai María.
Animámosvos a que mandedes as vosas recomendacións.
Animámosvos a que mandedes as vosas recomendacións.
martes, 17 de marzo de 2020
CORENTENA LITERARIA. VÍDEOS RECOMENDACIÓNS.
Debido á situación pola que estamos atravesando, Abadiño tamén quere participar e sentirse acompañado, polo que, imos a intentar retomar o apartado de "Vídeos Recomendacións" do blog (podedes ver os que xa se fixeron outros anos). Animámosvos a todos/as, de xeito individual, en pequeno grupo, familia,... a crear un vídeo recomendándonos unha lectura que vos gustase e pensedes que pode ser de interese para o resto, e de paso poder vernos. Atrevédevos a ser "BookTubers". Tedes liberdade para recrearvos como queirades (disfrazarvos coa temática do libro, dos/das protagonistas,...)pero lembra aclarar ben o Título, autor/a, editorial e, por suposto, non fagas "spoiler" para que todos/as poidamos gozar do final do libro. Ah! non esquezades enviarmo á seguinte dirección de correo: bibliotecalamas@gmail.com e que non exceda de 1-2 minutos.
Estade atentos ao meu blog que iremos propoñendo máis cousiñas. Forte aperta para todos/as e ánimo, seguro que pronto non volveremos a ver na biblioteca.
Estade atentos ao meu blog que iremos propoñendo máis cousiñas. Forte aperta para todos/as e ánimo, seguro que pronto non volveremos a ver na biblioteca.
lunes, 2 de marzo de 2020
DÍA DE ROSALÍA 2020.
O pasado 24 de febreiro conmemorouse o Día de Rosalía e dende a bibloteca quixemos facerlle a nosa homenaxe estes días. Durante os recreos do xoves 27 e venres 28 o alumnado de primaria participou nun obradorio de postais. Cada participante escolleu varios versos de Rosalía para logo escribilos nunha postal e enviarlla ou darlla a quen querían. Tamén participou a clase de 4º C e aínda participará algunha clase máis durante a vindeira semana.
O lema elixido pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega para conmemorar esta data foi: "Ambos Errantes polo mundo andamos", polo que escollemos poemas de Rosalía relacionados coa emigración como "Tecín soia a miña tela", “Airiños airiños, aires”, “Adios rios, adios fontes”, “Castellanos de Castilla”, “Vivir para ver”, “Pra a Habana!”, “Daquelas que cantan”, “Amores cativos” ou “A xustiza pola man”.

viernes, 14 de febrero de 2020
DÍA MUNDIAL DA RADIO. ESTRENO RADIO "EN CLAVE DE LAMAS".
No ano 2013 a ONU aprobou a declaración da UNESCO o Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de
febreiro por ser o día da creación da Radio Nacións Unidas no ano 1946. Este
ano celébrase co lema: "Pluralismo, representación e diversidade" xa
que a radio é un medio de comunicación único para celebrar a diversidade humana
e constitúe unha plataforma para o discurso democrático. Un lema en sintonía co
das bibliotecas escolares para este curso "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía" e do valor inclusivo do programa Radio na Biblio.
Desde o colexio eliximos esta data para inaugurar "oficilamente a nosa radio "En clave de Lamas". Durante a Hora de Ler escoitouse nas aulas a primeira gravación: unha presentación e un audio-conto con
nenos/as de 6º. Para poder escoitar as gravacións tedes que aceder a blog: https://enclavedelamas.blogspot.com
Tamén podedes acceder
dende a páxina do cole: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplamasabade
miércoles, 12 de febrero de 2020
PRESENTACIÓN LIBRO.
Hoxe tivemos un evento moi especial na biblioteca. Alba e Mencía de 5º de primaria fixeron a presentación do seu libro: "La Muñeca". Unha primeira entrega da que esperamos sexa unha exitosa saga. Unha terrorífica novela que xa forma parte dos fondos da biblioteca. Moitas grazas a estas prometedoras escritoras e ao seu profesor Mario, por axudalas na creación da novela e na presentación.
miércoles, 5 de febrero de 2020
LECTURAS COMPARTIDAS DO IES.
Esta mañán o alumnado de Infantil recibiu unha grata visita. O alumnado de 1º de ESO do IES. Lamas de Abade (na maior parte exalumnos/as nosos) viñeron ao colexio a contarlle uns contos aos máis pequenos/as. Por grupos foron pasando polas aulas a contarlle "O coelliño branco", "O casamento do piollo e a pulga" ou "O gaiteiro". Unha experiencia moi positiva para todos/as que esperemos se volva a repetir. Moitas grazas ao alumnado do IES e as súas profesoras pola iniciativa.
viernes, 24 de enero de 2020
RADIO EN CLAVE DE LAMAS.
Este curso entramos no programa de "Radio na Biblio" que promove a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia. Ao logo do curso comezamos a dar algúns pasiños para ter o noso estudo e esperamos poder emitir en breve os nosos primeiros programas e "podcast".
De momento xa temos o nome "En clave de Lamas" e o Logo; grazas a Irene López de 5º que gañou o concurso de ideas para a radio. Tamén Daniela Gianzo de 5º obtivo un accésit polo "mellor cartel promocional". Agradecer aos demais finalistas e a todos e todas os que participastes no concurso.

lunes, 20 de enero de 2020
ESTREO RECUNCHO CIENCIA.
Esta mañá, durante o recreo, Ánxela e Noa de 5º de primaria estrearon o recuncho de ciencia que habilitamos na biblioteca, cunha charla-exposición sobre o corpo humano. Foi dirixida para os alumnos/as de 1º de primaria que quedaron encantados coas explicacións e con poder desentrañar as distintas partes da cabeza. Grazas a Ánxela e Noa pola súa exposición e esperemos que este recuncho (aínda que non estea ulrtimado de todo) vaia sendo un lugar de moitas vivencias.
viernes, 20 de diciembre de 2019
REVISTA EDUGA. LECTURAS NO CANMIÑO.
LECTURAS APOIADAS POR CANS.
O programa Biblioteca Inclusiva, integrado no PLAN LÍA 2016-2020 de Bibliotecas Escolares, prevé a posta en marcha de actividades que propicien máis e mellores experiencias lectoras para o alumnado. Neste contexto naceu esta experiencia piloto, en colaboración coa entidade Golfo e Dama e o programa Xacobeo 2021. Durante o mes de outubro leváronse a cabo varias sesións na nosa biblioteca e aquí neste artigo podedes consultar algunhas das experiencias que vivimos: REVISTA EDUGA
jueves, 19 de diciembre de 2019
RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS POLO NADAL.
Como todos os anos achegámosvos o noso Boletín de recomendacións de lecturas para o Nadal. Un libro sempre é un bo agasallo e lembrade que entre todos/as temos que fomentar un consumo responsable. Aproveitamos tamén para desexarvos a todas as familias unhas boas festas e un venturoso 2020.
martes, 17 de diciembre de 2019
CANCIÓN DE NADAL
OBRADOIRO INFONADAL.
Onte os cursos de 5º de Infantil, 2º, 4º, 5º e 6º de primaria recibiron no colexio unha charla-obradoiro sobre consumo responsable no Nadal. Falouse das necesidades reais e non pedir demasiados agasallos, do poder da publicidade e as técnicas que empregan as empresas, dos códigos de seguridade dos xoguetes e os símbolos coas recomendacións das idades. Ademais realizaron nas clases por grupos (aos que lles dou tempo) os seus carteis publicitarios. Esta actividade estivo organizada pola Escola Galega de Consumo e o Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
viernes, 13 de diciembre de 2019
CONTACONTOS CON IAGO LÓPEZ.
Esta mañán o alumnado de 1º e 2º de primaria asistiron a unha sesión de contacontos "Contos para levar no peto" a cargo de Iago López. Foron historias baseadas nas vivencias lectoras de Iago cando era pequeno, en especial de dous libros, "A osa Rosa" e "A marmota Carlota". Despois na clase, traballaron sobre o que máis lles gustara desas entrañables historias.
martes, 10 de diciembre de 2019
SEMANA ESCOLAR DO CAMIÑO DE SANTIAGO.
Os cursos de 5º e 6º de primaria levan unhas semanas traballando sobre a lectura "A Ecopanda e o misterio do románico" de Xosé A.Perozo e Viki Berre, publicado por Auga Editora. Esta iniciativa forma parte da Semana Escolar do Camiño de Santiago que promove O Teu Xacobeo. Ademais da lectura do libro e traballar coa proposta didáctica, remataron a actividade facendo uns magníficos murais sobre o valor e as experiencias do Camiño de Santiago.
lunes, 9 de diciembre de 2019
LIBRO-OBXECTO COLECTIVO A PROL DO MEDIO AMBIENTE.
O venres 25 de outubro celebrouse en Santiago de Compostela a xornada ¨Biblioteca Creativa. Comunidade e Cidadanía", na cal participou profesorado do noso centro. No obradoiro creativo que organizou o ilustrador Pablo Otero creouse un libro-obxecto colectivo a prol do medio ambiente para salientar os obxectivos da campaña #ODSéate a prol da Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas. Ao final esta iniciativa converteuse en viaxeira, aportando cada cole onde pare a exposición outra obra máis a prol do medio ambiente. Comezou a viaxe na EEI. Barrionovo de Arteixo e nós collemos o relevo aportando os nenos/as de 4ºB de Infantil o seu libro-obxecto "Pobre peixiño que tragou moitas cousas do fondo do mar". Confiamos en que esta iniciativa siga viaxando por outros colexios e seguir concienciando sobre este problema.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)