martes, 21 de enero de 2014

ARRANCAMOS CUNHA NOVA ACTIVIDADE: LIBROS A VOAR!!!

Esta semana por fin puidemos comezar cunha nova actividade que levamos preparando desde comezo de curso.

Foron moitos os preparativos: selección e decoración das zonas, selección de libros, eliminación dos números de rexistro no ordenador, deseño e colocación de etiquetas...
A idea xurdiu dunha proposta que xa se fai a nivel mundial coñecida co nome de "Bookcrossing".

Haberá un recuncho para Infantil, outro para 1º ciclo, outro para 2º e outro para 3º. De cando en vez aparecerán neles libros que levarán esta etiqueta:




Sempre que vexades un libro con esta etiqueta na mesa e sexa do voso agrado, podedes collelo e levalo para a vosa casa (non ten que volver ao cole). Queremos que os libros rulen, viaxen, sexan gozados por moita xente e que mellor xeito, que deixalos escapar da nosa biblio para que descubran mundo e cheguen a cantos máis lugares mellor.

Cando rematedes a súa lectura podedes deixalos de novo en calquera lugar (nun parque, centro comercial, no médico, na estación de autobuses, aeroporto...)

Así que xa sabedes, esperade a que aparezan e a gozar das lecturas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario