miércoles, 23 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO

Feliz Día do Libro!!



No cole estamos preparando varias actividades para festexar este mes de abril dedicado aos libros, que iremos contando pouco a pouco. Pero non quixemos deixar pasar esta data tan sinalada sen que Abadiño fixera algún aceno aos nosos rapaces e rapazas.

Moi caladiño él, foi separando un libro para cada unha das aulas, que foi deixando o martes pola tarde envoltos nun lazo e cunha tarxeta na que convidaba aos profes e nen@s a gozar dun momentiño de lectura durante este día nas aulas.

Menuda sorpresa levaron algúns e que ben aproveitadiñas esas lecturas!!

Grazas de novo Abadiño.




No hay comentarios:

Publicar un comentario