lunes, 30 de enero de 2017

DÍA DA PAZ

Os peques de Infantil, a proposta do equipo de convivencia, traballaron estes días arredor dun fermoso libro: "Una montaña de amigos" da editorial Kókinos.



O libro conta a historia dun pingüín que ten o soño de voar entre as nubes e, coa axuda de tódolos seus amigos animais consegue por un instante cumplir o seu soño. Así que os nosos peques quixeron poñer o seu gran de area e axudar aos animais a que o pingüin alcanzara as nubes.

Entre todas as aulas colorearon os animais e se debuxar eles tamén para formar unha gran torre pola que pingüin fora subindo pouco a pouco, porque OS NENOS E NENAS DESTE COLE SON UNHA GRAN MONTAÑA DE AMIGOS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario