O venres 24 de febreiro conmemoramos na Biblioteca e no centro o “DÍA DE ROSALÍA” (o 180 aniversario do seu nacemento) con diferentes actividades.
Por una banda o alumnado colaborador de 6º representou co Kamishibai o libro “Rosalía” de Helena Villar e Ánxeles Ferrer da Fundación Rosalía de Castro.
Por outra banda, houbo un momento para pasar polo “Photocall” que fixeron o alumnado de 3º B e de 5 anos A Infantil.
E como sorpresa final, Daniela Rial de 1º deleitounos con dúas fermosas cancións: “Nadal de Luintra” e “Adeus ríos, adeus fontes”.
Tamén montouse un mural moi creativo coa imaxe de Rosalía no que colaboraron todas as aulas do colexio aportando cada unha a súa creatividade.
A miña filla vaime sair artista jaja...grazas por facer posible que disfrutemos vendoa e escoitandoa.que bonito
ResponderEliminarGrazas a vós familias por seguir o noso traballo e darnos ánimos.
ResponderEliminar