Abadiño informa que durante uns días a biblioteca permanecerá pechada e reducirá a súa actividade, xa que, imos a levar a cabo unha gran transformación coa idea de converter a biblioteca nun lugar máis útil e acorde coas necesidades do século XXI. Ao entrar no PLAN LÏA 2.0 (grazas á Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia) recibimos un investimento importante para seguir avanzando na Lectura, a Información e a Aprendizaxe. Queremos acadar unha serie de desafios como mellorar a atención á diversidade (Biblioteca Inclusiva), mellorar as capacidades lectoras do alumnado e avanzar na lectura dixital (Alfabetizacións múltiples), desenvolver programas para a competencia informacional e mediática (ALFIN/AMI) ou ampliar iniciativas destinadas a implicación das familias e do profesorado para evolucionar cara unha Biblioteca como centro creativo de aprendizaxes.
Perdoade as molestias ocasionadas pero seguro que estes inconvintes se verán gratamente recompensados co cambio que lle queremos dar á Biblioteca. Seguiremos informando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario