Hoxe foi un gran día para Abadiño porque tras moitos meses de duro e arduo traballo poidemos abrir de novo a Biblioteca. O alumnado levaba tempo preguntando cando podían vir á biblio e hoxe vimos reflexada esas ansias co gran número de nenos/as que se achegaron para o préstamo, para a lectura, coñecer o recuncho maker ou probar os novos ordenadores. Unha gran satisfacción para todo o equipo de Biblioteca e o resto do claustro comprobar que tanto traballo e tanta espera pagou a pena. Aínda queda moito por facer pero seguimos sen présa pero sen pausa para que toda a comunidade educativa saque proveito deste novo laboratorio de aprendizaxe. Grazas á Asesoría de Bbliotecas e a Consellería por achegarnos e acompañarnos no Plan Lía 2.0 cara unha biblioteca creativa e inclusiva.
Moitas felicitacions, e a disfrutar da nova biblioteca.
ResponderEliminarComo todo o que facedes seguro que sera maravillosa!!!
ResponderEliminarParabéns polo voso traballo e por esa estupenda biblioteca chea de vida!
ResponderEliminar