lunes, 3 de diciembre de 2018

RECICLA CON ENERXÍA. PILABOT

Pilabot é un robot que foi creado para cumprir unha misión: protexer o medio ambiente minimizando a contaminación xerada polos residuos de pilas. Fabricárono co obxectivo de realizar unha recollida selectiva de pilas, pero o seu traballo está a complicarse. A xente cada vez usa máis aparellos electrónicos e con eles, máis pilas, baterías, cargadores… Pilabot ten que cumplir coa súa misión, polo que solicita axuda ás novas xeracións a través dun concurso para centros educativos: o que máis pilas recolla, terá premio.
Dentro do PDI que iniciamos este curso sobre as "3 erres" unha das primeiras actuacións, como xa vos informamos, é participar neste programa. O último día de recollida no centro de pilas e acumuladores é o 16 de xaneiro do 2019. Grazas a todos/as pola vosa colaboración.

2 comentarios:

  1. Acéptase calquera tipo de batería? (Ordenadores, móviles...)

    ResponderEliminar
  2. Boas, baterías de móbiles e portátiles si, de ordenadores de sobremesa non. Graciñas. Saúdos.

    ResponderEliminar