O noso centro foi seleccionado para participar nun proxecto piloto que leva por nome “LECTURAS NO CANMIÑO”. Esta proposta xurde da Dirección Xeral de Centros e RR.HH. en colaboración coa entidade Golfo e Dama. É unha iniciativa integrada no programa Biblioteca Inclusiva da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, destinada a favorecer experiencias de lectura apoiada con cans. Este programa ademais ten o patrocinio do Xacobeo 2021.
O programa consiste nunha lectura apoiada por un can (co-terapeuta canino Brus) da man da Psicóloga e Técnica en Intervención Asistidas por Cans, Marta Jaquet Santamarina, para mellorar as competencias de lectura e escritura do alumnado.
As distintas sesións estanse levando a cabo na biblioteca durante os xoves do mes de outubro e está resultando unha experiencia moi enriquecedora.
Ola, a actividade é extraescolar, fóra do horario lectivo, na que se precisa inscrición ou é en horario lectivo con parte do alumnado dun curso? Grazas!
ResponderEliminarBoas, é unha actividade dentro do horario lectivo con alumnado de distintos cursos. É unha experiencia piloto que está resultando moi positiva, polo que esperemos que para vindeiros cursos poida ampliarse a máis alumnado.
ResponderEliminar