Continuando coas visitas iniciadas co espectáculo "Little neno descobre... Os Beatles", o venres, día 3 de decembro, o alumnado de 6ºD participou nun encontro-obradoiro co ilustrador e historietista Iván Sende, nado no Concello de Vedra, preto do de Santiago.
Este autor comezou a súa andaina ilustrando libros tan coñecidos como: "Usha", "Lía e as zapatillas de deporte" e "O monstro das palabras" da escritora María Reimóndez".
A súa primeira obra en solitario foi "Bea" a que lle seguiron outras como: "Estoy aquí, la vida de Romana Maharshi",·Advaita" e "El secreto del Salmo 46".
O alumnado seguiu con moito interese a súa exposición e ensinanzas.
Como punto final desta actividade o alumnado realizoulle unha interesante entrevista radiofónica que podedes escoitar no blog da nosa radio escolar "En clave de Lamas".
No hay comentarios:
Publicar un comentario