"MOBILÍZATE POLA SELVA" é a campaña iniciada polo alumnado de 6º de Primaria do noso centro.
O obxectivo principal desta campaña é colaborar co Instituto Jane Goodall na recollida de móbiles para axudar a unha selva do Congo que está sendo destruída pola extracción de Coltán, un mineral relativamente escaso e que está moi presente no noso día a día en: móbiles, tablets, ordenadores...
Con esta iniciativa o alumnado de 6º pretende recoller o maior número posible de móbiles para reciclar e que non se teña que extraer tanto da selva. Polo que, os nenos e nenas de 6º precisan da vosa colaboración. Se tedes un móbil na casa, sen uso (dá igual que funcione ou non), quitádelle as tarxetas de memoria, traédeos ao cole e depositádeos na caixa que está colocada na entrada do centro (os cargadores NON).
Coa vosa axuda conseguirán material educativo para os nenos e nenas do Congo, alimentos e menciñas para os chimpancés rescatados de Tchimpounga, sementes e árbores para as selvas africanas.
Dende a biblio, Abadiño tamén se une a esta iniciativa que ademais ten relación, en certo modo, co reto número 8: "Lecer e benestar social: adiccións: uso responsable de tablets, ordenadores, coidado da vista..." do proxecto documentado integrado: "Hábitos saudables" que estamos a desenvolver.
Se queredes coñecer máis aspectos sobre esta campaña o alumnado de 6º recoméndavos visitar a seguinte web:
https://wakelet.com/wake/TuWVCORBbvSMloOvyPnVJ
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!
Teñen que funcionar?
ResponderEliminarBoa tarde, non teñen que funcionar porque aproveitan o coltán para reciclar. Graciñas. Saúdos.
EliminarOla, ata cando é a campaña?
ResponderEliminar