MOBILIZÁNDOSE POLA SELVA.
O C.E.I.P Lamas de Abade segue coa recollida de móbiles e tablets temporal, principalmente ata o 18 de marzo. O alumnado de 6ºB segue coa campaña e quedan poucos días. Redactaron este comunicado para a comunidade educativa.
PARA QUE O FACEMOS?
Facémolo para reciclar os compoñentes electrónicos derivados do coltán e conseguir fondos para o Instituto Jane Goodall e o centro de rehabilitación de Tchimpouga.
Neste centro hai máis de 150 chimpancés refuxiados, que coidan experimentados
coidadores.
Tamén colaboramos cos programas de investigación e conservación de chimpancés
salvaxes do IJG en Senegal, incluíndo proxectos de reforestación e uso sostible
dos recursos naturais.
No da República Democrática do Congo axudamos a financiar proxectos educativos
para nenos e nenas con dificultades.
Neste intre xa temos máis de 300 móbiles, é dicir, apadriñaremos a máis de 10 chimpancés se seguimos con esta dinámica. Animamos a todos os que nos lean para que participen connosco.
Gran traballo, chicas e chicos de 6º!!!
ResponderEliminarFantástico!!! Noraboa por este traballazo
ResponderEliminar