lunes, 28 de octubre de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

O pasado día 24 de outubro quixemos celebrar o Día das Bibliotecas Escolares (este curso temos por lema "Biblioteca Escolar viveiro de cidadanía") coa xa clásica actividade de Lecturas de Medo. Cada neno/a apuntouse onde quixo e despois do recreo asistiu a escoitar aos mestres e mestras que encheron o colexio de maxia, terror, bruxas, barbudos, mortiñas,...

lunes, 21 de octubre de 2019

OBRADOIRO DE FOGUETES ESPACIAIS.

Este luns os nenos e nenas de 6º sentíronse por un momento astronautas e enxeñeiros/as aeroespacias, xa que, participaron nun obradoiro de construción de foguetes espaciais, grazas ao amigos de "Ciencia en ruta". Tiveron primeiro unha breve charla sobre a lei da gravidade, a lei de acción e reacción, naves espaciais,... e logo, xa se puxeron mans á obra para facer cada grupo o seu foguete espacial. Finalmente saímos ao patio para facelos despegar grazas a unha lanzadeira espacial. Como pasa na realidade, algunhas naves tiveron un feliz voo e outras non tanto. Aínda que o erro non estaba no fuselaxe se non que máis ben na lanzadeira. Quen sabe se algún ou algunha deles/as nos sorprende dentro duns anos dende o espazo.



 

miércoles, 16 de octubre de 2019

O ZAPATEIRO E A POMPA DE XABÓN. Mª JOSÉ GULÍN.

Esta mañán visitounos a nosa excompañeira e agora escritora Mª José Gulín que veu a presentarlle e contarlle, ao alumnado de 3º e 4º de primaria, o seu novo libro "O zapateiro e a pompa de xabón" na Editorial Bolanda. Unha nova aventura de Xermán e do seu avó que fixo as delicias dos nenos/as. Grazas Mª José.


lunes, 14 de octubre de 2019

LECTURAS NO CANMIÑO

        O noso centro foi seleccionado para participar nun proxecto piloto que leva por nome “LECTURAS NO CANMIÑO”. Esta proposta xurde da Dirección Xeral de Centros e RR.HH. en colaboración coa entidade Golfo e Dama. É unha iniciativa integrada no programa Biblioteca Inclusiva da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, destinada a favorecer experiencias de lectura apoiada con cans. Este programa ademais ten o patrocinio do Xacobeo 2021. 
        O programa consiste nunha lectura apoiada por un can (co-terapeuta canino Brus) da man da Psicóloga e Técnica en Intervención Asistidas por Cans, Marta Jaquet Santamarina, para mellorar as competencias de lectura e escritura do alumnado. 
       As distintas sesións estanse levando a cabo na biblioteca durante os xoves do mes de outubro e está resultando unha experiencia moi enriquecedora.



 

viernes, 4 de octubre de 2019

A BIBLIO VOLVE A ESTAR DE ESTREA.

O martes 1 volvimos a abrir a biblioteca despois dunha nova reforma que se acometeu no verán. Tras a construción do aulario novo de infantil, e grazas á colaboración do Concello, conseguimos aumentar a biblioteca collendo a aula de infantil que estaba pegada. Unha demanda que levabamos tempo reclamando pero por mor da falta de espazos non se podía levar a cabo. Aínda queda bastante traballo para deixala lista de todo pero ante a demanda continua dos nenos/as para estar na biblio decidimos abrila. Esperamos que pouco a pouco e coa colaboración de todos/as poidamos en breve empregala ao 100%.




jueves, 20 de junio de 2019

FESTA COLABORADOR@S.

O martes fixémoslle a festa despedida ao noso ben máis preciado, os colaborador@s. Este curso bateron todos os records presentándose 70 voluntarios/as que nos axudaron na posta en marcha da biblio e no día a día durante os recreos. A merenda foi moi saudable con froita fresca, froitos secos e queixo do que non quedou nada. Tamén recibiron o diploma e un agasallo. para os de 6º que marchan esperamos que sigan colaborando coas bibliotecas dos IES aos que vaian e toda a sorte do mundo. Aos de 5º contamos que repitan para o vindeiro curso e animen aos de cuarto para iniciarse nesta colaboración. Grazas a todos/as.
* Tamén un agradecemento a todos os profesores/as do equipo de biblioteca.



martes, 18 de junio de 2019

TELEXORNAL 3R.


Como remate do proxecto dos 3R co que traballamos este curso "Que non che dea preguiza: reduce, recicla e reutiliza" elaboramos entre todas as titorías e especialidades un "Telexornal". Neste informativo pretendimos expoñer parte do traballado en canto aos plásticos, papeis, vidros e RAEEs. Tamén como traballo de concienciación e da importancia de coidar o medio ambiente. Agradecer a todos/as a súa participación e en especial a María Lorenzo que foi a encargada do ardúo traballo de postprodución.



lunes, 17 de junio de 2019

PADRIÑOS E MADRIÑAS.


O pasado venres 14 poidemos levar a cabo a actividade dos Padriños e Madriñas lectores que tiñamos programado para o día 5 de xuño (Día do Medio Ambiente) e que tivemos que adiar por mor da chuvia. Despois da lectura os padriños/madriñas cos seus afillados/as fixeron unha recollida de lixo polos patios do colexio co fin de conciencialos na importancia do coidado do medio ambiente comezando polo entorno máis próximo. Esta actividade organizouse coa colaboración do Equipo de Convivencia.



domingo, 9 de junio de 2019

BOLETÍN RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Un curso máis, aquí vos deixamos as recomendacións de Abadiño para gozar dunhas lecturas ao sol lembrando e profundizando sobre o proxecto dos 3R traballado durante os últimos meses.


CUESTIONARIOS AVALIACIÓN

Aquí tedes os enlaces para cubrir as enquisas (clicar no nome) que dende o equipo de biblioteca elaboramos para axudar a mellorar a nosa biblioteca de cara ao curso que ven.

Temos 3 tipos de enquisas, unha para o profesorado, outra para o alumnado e outra para as familias.

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración.


PROFESORADO




ALUMNADO





FAMILIAS





viernes, 7 de junio de 2019

BOLETÍN NOVIDADES XANEIRO- MAIO 19.

Achegamos o boletín de novidades de xaneiro a maio do 2019. Aínda que quedan moitos fondos máis esperando por vós na biblio.


jueves, 6 de junio de 2019

3º PREMIO EDUCACOMPOSTELA..

O pasado mércores 29 de maio o director do colexio, Pepe Miguéns, recibiu da man do concelleiro Manuel Dios, o 3º premio da XI edición dos premios Educacompostela, organizados polo Departamento de Educación e Cidadanía e Nova Escola Galega, polo PDI "Santiago Medieval". Un proxecto que levamos a cabo durante dous cursos 16-17 e 17-18 e no que se volcou toda a comunidade educativa e moitas asociacións da cidade. Parabéns a todos/as os que participastes.

miércoles, 5 de junio de 2019

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO 3R.

Onte fíxose entrega na biblioteca dos premios do concurso de lema e mascota que puxeramos en marcha co proxecto dos 3R. Os gañadores foron Lois de 3º de primaria co seu lema "Que non che dea preguiza: reduce, recicla e reutiliza"; e Adriana de 5º de primaria coa mascota do polbo. Ademais varias clases tamén recibiron un agasallo pola súa alta participación. Parabéns aos gañadores e grazas a todos/as aos que participastes.

jueves, 16 de mayo de 2019

XOGO DE FUGA PARA CONMEMORAR AS LETRAS GALEGAS.

Durante estes días o alumnado de 5º e 6º de primaria participou nun Xogo de Fuga ou "Escape room" organizado pola biblioteca e que tiña como eixe principal as Letras Galegas. No colexio había un virus que estaba afectando a todos os alumnos/as e profesores/as. A biblioteca era a única zona sen contaminar e cada equipo tiña que descubrir un número que daba acceso ao código para abrir o candado e coller a vacina que salvaría ao resto da comunidade educativa, e a chave para saír da Biblioteca. Pasámolo xenial e funcionou o traballo en equipo.

martes, 7 de mayo de 2019

Encontro con Xavier Estévez e Kibuko

Hoxe o alumnado de 5º de primaria tivo un encontro co escritor Xavier Estévez, autor de "Kibuko" da Ed. Oqueleo. Libro moi entretido que estiveron lendo durante este curso e que suscitou moitas preguntas e curiosidades.

martes, 30 de abril de 2019

Reto "Planeta Limpio"

Estes días o alumnado de 3º a 6º de primaria está participando no colexio no reto "Planeta Limpio" que promove a Fundación Prosegur. O alumnado deben resolver o reto coa axuda duns robots Lego mentras desenvolven competencias coma a innovación, a creatividade e a iniciativa emprendedora. Seguimos enriquecendo o PDI dos "3 erres" e sobre todo reforzando a concienzación ambiental.

jueves, 25 de abril de 2019

CHARLA ECONOMÍA CIRCULAR

Onte o alumnado de 6º recibiu unha charla moi interesante, impartida pola Dra. Beatriz Piñeiro Lago, sobre economía circular. Esta charla foi posible grazas á asociación Galicia Ambiental e á compañía Ite Ambiental. O modelo dos 3R (Reducir, Reutilizar e Reciclar) viuse superado, para deixar paso á economía circular, busca non dar as costas á natureza e procura un acople co seu ciclo. A economía circular preséntase coma un sistema de aproveitamento de recursos onde prima Reducir a utilización de elementos e buscar minimizar a produción de residuos. Ademais a doutora tamén tivo un momento para falar das emocións e do papel tan importante das mulleres na sociedade.

viernes, 5 de abril de 2019

ENCONTRO CON ALICIA BORRÁS

Neste mes dos libros seguimos cos encontros con escritores/as. Desta vez volveu a visitarnos Alicia Borrás, que coma sempre, tivo unha charla moi entrañable co alumnado de 5º de primaria. Faloulles do seu libro "Nata y chocolate" Ed. Anaya, e contestoulle a todas as preguntas que foron xurdindo. Finalmente tivo un momento para asinarlle a todos/as os libros.



jueves, 4 de abril de 2019

ENCONTRO COA ESCRITORA MÓNICA RODRÍGUEZ

Esta mañán o alumnado de 6º tivo un encontro coa escritora Mónica Rodríguez Suárez, autora do libro " Un día en el museo" de la editorial SM. Unha obra de teatro que leron, representaron e coa que se botaron moitas risas.



VISITA A SOGAMA

Onte o alumnado de 4º de primaria realizou unha visita ao complexo medioambiental de Sogama en Cerceda. Unha saída enmarcada dentro do Plan Proxecta "Recíclate con Sogama" no que estamos inmersos este curso todo o colexio e forma parte do PDI dos 3 Erres. Seguro que aprenderon moitas cousas relacionadas coa reciclaxe e esperamos que nolo conten en breve ao resto do centro.