miércoles, 12 de marzo de 2014

OS PEQUES DE LAMAS NA PRESENTACIÓN DO NOVO LIBRO DOS BOLECHAS

Onte os máis cativos do cole asistiron no Hostal dos Reis Católicos á presentación do último libro do escritor Pepe Carreiro,que leva por título "Os Bolechas educan a Pepiño Chispa".
Foi unha mañá de emocións e sorpresas, na que tiveron a sorte de coñecer aos verdadeiros Bolechas, bailar con eles, tocalos...
Tamén fixeron un pequeno taller co escritor no que falaron da importancia dunha alimentación saudable e de facer deporte para estar sans e fortes.
Os Bolechas convidaron aos rapaces a subir ao seu atobús, cheo de xogos e sorpresas que encantaron a todos e todas.
Moitas grazas Bolechas por compartir cos peques de Lamas esta experiencia!!



)


No hay comentarios:

Publicar un comentario