domingo, 16 de marzo de 2014

SEMANA DA PRENSA

Durante esta semana pasada no centro estivemos traballando a prensa. Abadiño montou un pequeno quiosco na entrada no que tiñamos xornais de todo tipo (economía, social, deportes...) e de diversos países.
Tamén propuxo unha serie de actividades como cadernos de investigación por ciclos, charlas con nais xornalistas e talleres de reciclaxe con xornais pasados de data.
A continuación veredes algunha imaxe de algúns dos momentos vividos ao longo destes días.



Agora veredes unha pequena montaxe coas imaxes das charlas que dúas nais do centro fixeron para os rapaces explicando detalles da súa profesión. Moitas grazas Edith e Mónica por compartir con nós estes momentos!!



Tamén deixamos aquí o vídeo que unha das nais elaborou en colaboración cun compañeiro da Tvg para mostrar aos máis pequenos do cole, de xeito breve e sinxelo, como funciona a televisión por dentro.








No hay comentarios:

Publicar un comentario