O alumnado de 3º C asistiu onte á Galería Sargadelos para participar na XVII Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago de Compostela -organizada polo Departamento de Educación e Cidadanía e por KALANDRAKA-cunha sesión sobre ilustración e visita á exposición coas ilustracións e instalacións artísticas relacionadas cos libros protagonistas da Campaña, entre os que destaca a obra da que se tomou o lema deste ano, “Unha última carta”, coa que os gregos Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi gañaron o IX Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario