Desta vez si que fixo bo tempo e onte o alumnado de 6º puido realizar a saída. Primeiro visitaron os obradoiros da Escola de Artes e Oficios "Mestre Mateo" e a Libraria Couceiro, onde lle falaron dos libros antigos, distintos papeis, encadernación,... Logo iniciaron o roteiro literario por Compostela da man de Merche Espiño, que anteriormente xa traballara con eles no colexio a lírica medieval. Grazas, de novo, á Escola, á libraria e a Merche Espiño polo seu trato e dedicación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario