viernes, 5 de mayo de 2017

MOSTRA MEDIEVAL

Hoxe tivemos o día grande do proxecto. Non coma colofón, xa que o proxecto continúa, pero si como un día especial para gozar e trasladarnos ate a Idade Media.
A pesar de que o tempo meteorolóxico estaba disposto a estragarnos a festa, non o conseguiu grazas ao Plan B que tiñamos programado. Aínda que perxudicounos á hora de poder ver  e escoitar mellor aos artesáns e exhibicións.
Agradecer a moitísima xente que esto se poidera levar a cabo: ó alumnado e profesorado, ós pais/nais (ANPA), ós mestres e aprendizes da Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo, aos profes e alumnos da Asociación Fonte da Virxe que foi moi especial a súa colaboración, á Asociación de Xogos Populares de Santiago, a Compostela Esgrima, ás nais Mónica e Tamara polo seu arte, unha coma cesteira e outro coa danza e ós músicos que a acompañaron, ao ferreiro Leis, ós de Suévia (Recriaçom histórica do Reino de Galiza) e á artesá do coiro JataFarta. Non podemos esquecernos da filloeira que non daba feito a abastecer a todo o alumnado, aínda que ao final poideron todos degustar polo menos unha filloa e a Borja, que coa súa espectacular "Queimada", saciou a sede dos presentes. Finalmente aos pais que pertencen a comisión da Festa Medieval de Sar tamén expresarlle a nosa gratitude por colaborar na decoración do centro. Esperamos non esquecernos de ninguén.

Pouco a pouco iremos subindo ao blog máis fotos e vídeos.

Santiago Medieval



3 comentarios:

  1. Un placer grande, coma mestre (agora en paro) e coma monitor de esgrima, ver que ben se traballa tamén na pública. Todo un placer. Agradecido pola oportunidade, no nome do Compostela Esgrima.

    ResponderEliminar
  2. Un placer grande, coma mestre (agora en paro) e coma monitor de esgrima, ver que ben se traballa tamén na pública. Todo un placer. Agradecido pola oportunidade, no nome do Compostela Esgrima.

    ResponderEliminar
  3. Tamara Sánchez, Kallaikia Danza6 de mayo de 2017, 8:27

    Noraboa un traballo marabilloso.Gracias a todos os q facedes posible que os nosos fillos aprendan dun xeito tan enrriquecedor,por que hai leccións que permanecen para sempre, e o Santiago Medieval, nunca o esquecerán. Viva a escola pública!!! Gracias os mestres, o director, o conserxe, a ANPA, os nenos, as familias, a tódolos artistas e artesán q fixeron posible a mostra, en especial a Manuel Amigo ( cunchas) Pablo Dalama ( gaita) Mauro ( zanfona) Manolo ( percusión), músicos xenerosos q fixeron as delicias dos máis pequenos. Gracias tamèn a Suevia, os nenos marabillados cos cabaleiros e as loitas... Fran, gracias x todo, foi un auténtico pracer participar destas xornadas aportando o noso gran para que esta festa medieval fose máxica para os nenos.

    ResponderEliminar