miércoles, 3 de mayo de 2017

MOSTRA PARA O ALUMNADO

Hoxe están facendo, os titores/as cos seus alumnos/as, o percorrido polos corredores do colexio para ver parte da información que recolleron e traballos que realizaron nas distintas aulas. Evidentemente a Mostra paga a pena vela con pausa e deténdose en cada información. Por isto, teremos tempo para facer o percorrido, con máis calma, durante estas semanas ate final de curso.
Existe información  a través de códigos QR e da aplicación Aurasma, polo que sería interesante que os pais/nais tiveran esas aplicacións nos móbiles cando viñeran a ver a Mostra.





1 comentario:

  1. Noraboa polo gran traballo que fixestes.
    Eu ben sei que os alumnos e alumnas do Lamas de Abade son os mellores, pero quero felicitar tamén ao profesorado e ao resto de persoal do centro por todas as horas que dedicaron para levar a cabo un proxecto tan completo.
    Parabéns.

    ResponderEliminar