jueves, 4 de mayo de 2017

MOSTRA PARA NAIS, PAIS E FAMILIARES

     Hoxe tocoulle a quenda aos pais e nais para visitar a Mostra "Santiago Medieval". A pesar da gran previsión de asistencia coa que contabamos, houbo momentos, por sorte, de moitos familiares que se achegaron a ver a Mostra e os tempos non saíron como tiñamos pensad,o polo que houbo certos momentos de caos ou quedaron pais/nais sen poder visitar todo, polo que pedimos desculpas. De todos xeitos o traballo está feito e pode facerse a visita con calma ate polo menos, final de curso, como xa vos recomendamos. A pesar dos nervos, foi unha gran xornada na que todo o alumnado, profesorado e pais/nais poidemos seguir gozando co proxecto.
     Ademais poidemos "desestresarnos" un pouco, grazas a actuación que nos brindou Guadi Galego e que tanto nos gustou. Grazas a todos/as.






2 comentarios:

  1. Noraboa por todo o que traballachedes, foi un gran proxecto e tanto os papis como os nenos puidemos disfrutalo! Sodes un equipo maravilloso e o resultado é un gran cole!

    ResponderEliminar
  2. Enhorabuena por el proyecto. Un gran trabajo. Gracias a todos por el esfuerzo y el trabajo para llevarlo adelante.

    ResponderEliminar