jueves, 25 de marzo de 2021

CONCURSO "EU SON..."

     Este ano para conmemorar o Día do Libro Infantil, a Asociación Galega do libro Infantil e Xuvenil (Gálix) convoca o concurso "Eu son...".

A idea do concurso é gravar un vídeo de 1 minuto representando a vosa personaxe favorita da literatura galega.

Podedes participar en dúas das categorías: 

  • #EUSONINICIAL (alumnado de 1º, 2º e 3º)
  • #EUSONAVANZADO (alumnado de 4º, 5º e 6º)
Para participar, teredes que subilo a unha das seguintes plataformas: Tik tok, Instagram ou Twitter e sempre cos cancelos #DILIGALIX2021 e #GALIX. Tedes a información completa en:
ww.galix.org/2021/03/eu-son-concurso-de-galix-polo-dia.html 



Adiante artistas, de seguro sairán unhas ideas chulísimas!!!



miércoles, 24 de marzo de 2021

III CONCURSO PODCAST- RADIO NA BIBLIO

    Un ano máis, dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidad e en colaboración coa Radio Galega, acaba de saír a convocatoria para o concurso de podcast de radio na biblio. 

    Este ano como a homenaxeada das Letras Galegas é Xela Arias (escritora, traductora, editora e profesora), a temática poderá versar sobre:

  • Aspectos bio-bibliográficos da autora. 
  • Estimulación da lectura de poesía galega. 
  • O mundo do libro, da edición e da tradución. 
Dende o noso centro poderemos participar en dúas das modalidades:
  • Alumnado de Infantil e 1º/2º Primaria. 
  • Alumnado de 3º a 6º Primaria.
Animádevos e non deixedes de participar!! 

Tedes ata o 26 de abril para pensar ideas e montar o podcast na radio da escola. 

Calquera dúbida pasade pola biblio e a comentades con algún membro do equipo.







viernes, 5 de marzo de 2021

DÍA DE ROSALÍA 2021

Tras un arduo traballo de edición da profe Mercedes aquí vos deixamos os vídeos con todas as vosas fantásticas aportacións que nos fixéstedes chegar para conmemorar este día. Agardamos que non se nos pasara poñer algunha das fotos, se non facede o favor de avisarnos. Tamén nos chegaron uns magníficos vídeos que seguro que vos encantan. Moitas grazas pola vosa implicación.


viernes, 26 de febrero de 2021

ÚLTIMOS DÍAS PARA A PROPOSTA DO DÍA ROSALÍA

Chegaron xa ao correo moitas fotos coas estrofas de Rosalía de Castro.

O bo tempo que teremos esta fin de semana será unha boa axuda para facer esas fermosas fotiñas  e envialas ao correo de Abadiño (bibliotecalamas@gmail.com) como moi tarde o luns 1 de marzo antes das 14:00. Aquí mostramos un par de exemplos das que nos foron chegando.

Moitas grazas pola vosa participación. 








martes, 23 de febrero de 2021

KAMISHIBAI DÍA DE ROSALÍA

Ánxela e Noa de 6º A, despois do podcast para conmemorar o Día De Rosalía, quixeron representar a través do Kamishibai a mesma obra "Rosalía" de Helena Villar Janeiro e Ánxeles Ferrer, editado pola Fundación Rosalía de Castro. Grazas polo voso traballo. 

viernes, 19 de febrero de 2021

Proposta para o Día de Rosalía de Castro.

As fotos tédelas que mandar ao correo: bibliotecalamas@gmail.com Entre todos/as seguro que somos capaces de facerlle unha boa homenaxe a Rosalía de Castro.

jueves, 11 de febrero de 2021

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

 Hoxe o alumnado de 6º asistiu á Xornada divulgativa “As ciencias escríbense en feminino”, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. O evento, seguido desde cada aula por streaming, foi organizado polo Concello de Santiago e Talentia Summit21. Está destinado a alentar ás estudantes con información e referentes a seguir no ámbito das ramas científicas ou STEM (sigla en inglés de ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas). Neste Día Internacional é necesario asumir o compromiso de poñer fin ao desequilibrio de xénero nestas disciplinas.




 

 

viernes, 29 de enero de 2021

CARTA ÁS FAMILIAS. PRESENTACIÓN PDI "HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE".

     Nesta carta ás familias queremos informarvos do Proxecto Documental Integrado (PDI) que lanzamos, a modo de retos, desde o Equipo de Biblioteca. Intentaremos entre todos/as ir acadando estos retos para que perduren no tempo. Agradecemos a vosa comprensión nestes tempos difíciles que corren e pedímosvos que vos involucredes na medida que poidades, como facedes sempre.