domingo, 22 de diciembre de 2013

GRAZAS COLABORADORES

Un novo trimestre remata e dende o equipo de biblioteca quixemos agradecer unha vez máis o traballo que os rapaces e rapazas de 5º e 6º fan colaborando nos recreos da biblioteca.
Moitas grazas!!!


BO NADAL

OS PEQUES DE INFANTIL QUENTAN MOTORES PARA O NADAL

Os peques do cole estiveron as dúas últimas semanas preparando e aprendendo unha panxoliña incluída no libro-cd de Mamá Cabra "Xa me tardan estes magos", da editorial Galaxia.

Ao final quixeron gravala para que vexades o resultado. Tedes que perdoar porque a montaxe do vídeo é moi caseira, pero o importante é que este é o seu xeito de desexarvos un BO NADAL!!!!






ESTA SEMANA RECOMENDAN...

Na última semana de curso tocoulle a quenda aos peques de 4 anos B, os de 1ºB e 4ºB. Nesta ocasión, coas présas da última semana antes das vacacións só temos as fotos de Infantil e 1º. Esperemos que noutra ocasión, con máis calma poidamos mostrar aos de 4ºB.

Os peques de 4 anos B presentarón "Gorilón", de Ediciones Ekaré.



Por outra banda, os de 1ºB tamén fixeron unha pequena representación do conto "Orellas de bolboreta" da editorial Kalandraka.

viernes, 20 de diciembre de 2013

UNHA AXUDIÑA PARA OS AGASALLOS DE REIS

Recén saído do forno temos o tríptico que preparamos para axudar aos Reis Magos na elección dos libros que deberán traer ás nosas casas o 6 de xaneiro.

viernes, 6 de diciembre de 2013

ESTA QUINCENA RECOMENDAN...

Pois estas dúas semanas tocoulle a quenda a 4 anos A, 3ºB e 5ºB.

A clase de 4 anos A recomendou "Baldrás o xigante", escrito por Iolanda Eiras e ilustrado por Fran Bueno, o pai dun neno desta aula que fixo unha presentación previa para eles o que axudou a que o fixeran logo tan ben na presentación ao resto de compis de infantil.




Os de 3ºB recomendou "A galiña azul".de Carlos Casares.


E os de 5ºB recomendaron "Antón e o apalpador".


domingo, 1 de diciembre de 2013

sábado, 23 de noviembre de 2013

RECOMENDANDO LECTURAS

Estas últimas semanas comezamos unha nova actividade proposta dende a biblioteca.
A idea é que cada quincena, unha clase de cada ciclo, faga publicidade e presente un libro da biblioteca ás outras clases dese ciclo.
Comezaron os de 5 anos, 2º A, 3º A e 5ºA. Cada presentación foi distinta, pero o que está claro é que moitos nenos e nenas descubriron títulos novos da nosa biblioteca dos que xa teñen gañas de gozar da súa lectura.


A continuación tedes unha pequena mostra dos momentos nos que estas clases presentaron eses títulos aos compañeiros e compañeiras.

5 ANOS "El niño gris". La Galera



2ºA "Nunca máis". Kalandraka



3ºA "A cabana na árbore".Alfaguara



5ºA "Xoeliki".Sotelo Blanco