jueves, 21 de diciembre de 2017

AUDIO PROGRAMA "VOCES DE COMPOSTELA"

Adxuntamos audio completo da intervención do martes 19 no programa "Voces de Compostela". Tamén o podes escoitar directamente e/ou descargar no seguinte enlace:
Arquivo "Voces de Compostela" RadioVoz

19/12/2017 ceip.lamas-abade-1-cap




martes, 19 de diciembre de 2017

PROXECTO "SANTIAGO MEDIEVAL" NO PROGRAMA DE RADIO, "VOCES DE COMPOSTELA"

Hoxe comezamos unha colaboración co programa de RadioVoz "Voces de Compostela" que dirixe o xornalista Alberto González. Carlota, Marta e Jose, xunto ao profe Fran, desprazáronse ate o estudio de radio para participar nunha entrevista e explicar en que consistirá o proxecto que imos a levar a cabo en común baseado no PDI "Santiago Medieval". Unha gran experiencia para todos/as. A partir de xaneiro faremos unha colaboración semanal en dito programa. En breve colgaremos o audio para os/as que non o poidechedes escoitar en directo.




lunes, 18 de diciembre de 2017

OS PEQUES DE LAMAS NO NADAL

Aquí tedes o vídeo da actuación dos peques de Infantil para felicitar este Nadal 2017, cantando "Panxoliña para todo o ano" onde o grupo Mamá Cabra puxo música a un poema de Antón Cortizas.
Os instrumentos que usan son os que elaboraron nos obradoiros interniveis das últimas semanas.

Canción sacada do libro "Xa me tardan estes Magos" da editorial Galaxia.
Resultado de imaxes para mama cabra reis magos


VIDEO DOS MAIORES POLO NADAL

Os maiores do cole quixeron representar a través dun vídeo as palabras que decoran nestas datas a nosa entrada do cole: AMIZADE, XUSTIZA, RESPECTO, LEDICIA, VALOR, VIDA...

RECOMENDACIÓNS DE LIBROS PARA O NADAL

Un ano máis dende a biblioteca queremos axudar aos Reis Magos e Papa Noel a pensar eses fermosos agasallos en forma de libros para gozar coas súas lecturas.

Esperamos que sexan do voso agrado.

Bo Nadal e felices vacacións!!

martes, 12 de diciembre de 2017

CHARLA DE ELENA VÁZQUEZ ABAL. DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE.


Dentro das actividades programadas polo Equipo de Convivencia para conmemorar o Día internacional da Discapacidade, onte recibimos na biblioteca, a visita da profesora de Matématicas da USC, Elena Vázquez Abal. Ás charlas asistiron os cursos de 3º, 4º, 5º, 6º. Elena, debido a unha enfermidade, ten que desprazarse nun "scooter" polo que solicitounos axuda para que entre todos/as rachemos coas barreiras arquitéctonicas e que conciencemos aos que non respectan as prazas de aparcamento reservadas para as persoas con mobilidade reducida. Ademais animou a todo o alumnado a estudar matemáticas.

viernes, 24 de noviembre de 2017

LECTURA 25 NOVEMBRO "CUENTOS DE BUENAS NOCHES PARA NIÑAS REBELDES"

Onte, Zeltia, Cristina, Lía, Alexia e Luís de 6º, leron, durante ao recreo, algúns fragmentos do libro de Francesca Cavallo "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes" da Ed. Destino. Un libro que conta as extraordinarias vidas de 100 mulleres valentes e con ilustracións de 60 artistas de todo o  mundo. Coco Chanel, Frida Kalo ou Michelle Obama (que invitaron aos presentes a ler) foron algunhas das personaxes que nos deron a coñecer. Finalmente sorprenderon a todos/as cun pequeno agasallo!!








miércoles, 22 de noviembre de 2017

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA E XÉNERO. 25 DE NOVEMBRO.

Esta semana para concienciar á comunidade educativa sobre esta lacra levaremos a cabo no centro distintas actividades.


Desde a biblioteca facilitouse a cada nivel unha bolsa con distintos libros que tratan sobre esta temática e co que cada titor/a traballará na aula.



Tamén o día 23, durante o recreo, alumnado de 6º lerá algúns fragmentos do libro "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes" de Francesca Cavallo da Editorial Destino.

miércoles, 1 de noviembre de 2017

LECTURAS DE CONTOS DE MEDO

Hoxe, 31 de outubro, para conmemorar o Samaín fixemos o noso tradicional obradoiro de lecturas de medo onde mestúranse os nenos e nenas de distintos niveis en función das lecturas que máis lles apetece escoitar nos distintos espazos do cole.

Aquí tedes algunhas fotos do momento, levado a cabo durante a Hora de ler.

martes, 31 de octubre de 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS.

Co gallo da celebración, o pasado 24 de outubro, do Día da Biblioteca, propuxemos unhas actividades para poñer en valor a Biblioteca e facer fincapé nos seus beneficios. Unha destas actividades foi a elaboración duns carteis, por parte de cada aula, con lemas para facer visibles as distintas oportunidades e posibilidades da B.E. Por unha banda eliximos lemas xa empregados pola Asesoría de Bibliotecas Escolares ou por outras entidades, e noutros casos foron lemas propostos polo alumnado. Finalmente colocámolos polas escaleiras da planta baixa.  O resultado é marabilloso e invitamos a todos a vir a velo e pararse a ler cada un dos lemas.




lunes, 30 de octubre de 2017

CONTACONTOS "ESQUELETO LADRÓN"

Aproveitando estas datas terroríficas, hoxe, durante o recreo Carlota, Uxía e José de 6º leron o conto "Esqueleto ladrón" de Pablo Albo e Lucía Serrano da Ed. Thule. Houbo una boa asistencia e animamos a todos/as a vir á biblioteca a lernos máis contos.

sábado, 21 de octubre de 2017

PREMIOS DO CONCURSO DA FEDERACIÓN COMERCIO



O pasado sábado 14 de outubro tivo lugar a entrega de premios do concurso de redacción que organizaba a Federación de Comercio de A Coruña, xunto á Consellería de Educación e Abanca “Os pequenos co pequeno comercio”. No concurso os rapaces e rapazas tiñan que contar o que era para eles o comercio do seu barrio, unha historia na que reflexaran os seus sentimentos, vivencias, recordos ou experiencias no pequeno comercio.

Os nen@s do CEIP Lamas de Abade tiveron moito protagonismo neste acto, xa que conseguiron oito dos vinte premios posibles. Aquí vos deixamos algún deses traballos e fotos do acto.

Parabéns a todos/as eles e tamén animar aos que participaron e non acadaron ningún dos premios a seguir escribindo.






viernes, 13 de octubre de 2017

AGASALLOS DE MÓNICA I. VARELA GESTOSO.

Hoxe recibimos a visita da profesora e escritora Mónica Varela que nos agasallou cos seus primeiros libros de poemas: "Soños de nenos" (Ed. Embora co que acadou o Premio Arume de poesía para nenos 2015 outorgado pola Fundación Xosé Neira Vilas), e con "Versos e bolboretas" (Edicións Fervenza). Moitas grazas polos agasallos e dedicatorias e esperemos que sexa a primeira visita de moitas.

"A poesía é un xogo
serio e fermoso,
mirar o mundo
cos ollos dos soños..."

viernes, 29 de septiembre de 2017

BIBLIOTECA EN MARCHA

Xa estamos de novo en marcha. Abadiño xa tiña gañas de recibir aos nenos e nenas do Lamas e espera que este curso tamén se animen máis pais e nais a visitalo. Desde a Asesoría de Biliotecas Escolares tamén nos enviaron o novo cartel escollido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para os materiais que edita a comezos do curso 2017/2018 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos e que ten por lema "Aprender a pensar coa biblioteca escolar" . O ilustrador Xosé Tomás foi o encargado de realizar a interpretación gráfica do lema anual.

"Unha biblioteca escolar actualizada no seu modelo, nos seus recursos e equipamentos, nas súas propostas; atendida con profesionalidade e integrada no día a día do centro educativo, supón unha oportunidade única para axudar a nenas e nenos a desenvolver o seu pensamento crítico, a `aprender a pensar´".

jueves, 22 de junio de 2017

JOAN MIRÓ TRABALLADO POLOS NEN@S DE 1ºA


Os nen@s de primeiro traballaron sobre a figura do famoso pintor e escultor Joan Miró.
Recrearon a súa escultura de "Mujer y pájaro", situada no Parque de Joan Miró en Barcelona. Tamén fixeron a súa obra de arte de pintura "Bailarina Española" e disfrazáronse de bailaríns.

Aprenderon moitas cousas e o pasaron moi ben.

E todo a partir deste libro que atoparon na biblioteca de Abadiño, "Joan Miró" da Editorial Susaeta.


martes, 20 de junio de 2017

GRAZAS COLABORADORES

Hoxe fixemos na biblioteca unha pequena merendola en agradecemento aos colaboradores que durante todo o curso estiveron axudando nos recreos para conseguir un mellor funcionamento da biblioteca.

Moitas grazas a tod@s e esperamos ver caras repetidas o vindeiro curso.

lunes, 19 de junio de 2017

RECOMENDACIÓNS LECTURAS PARA O VERÁN

A piques de rematar o curso non queremos deixar de presentar, un ano máis, a nosa proposta de lecturas para as vacacións relacionadas como non podía ser doutro modo co Proxecto deste ano "Santiago no Medievo".

Esperamos que as aproveitedes e gocedes con elas.

PADRIÑOS E MADRIÑAS


Aproveitando o bo tempo e os últimos días de clase, hoxe decidimos facer a actividade de padriños e madriñas lectores que tanto gusta entre o noso alumnado.

jueves, 15 de junio de 2017

miércoles, 14 de junio de 2017

XORNADA DE CONCIENCIACIÓN SOBRE AS PERSOAS SORDAS

Hoxe no Lamas, co gallo do "Día Nacional de las Lenguas de Signos Españolas" celebramos, xunto a Federación de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), unha xornada de concienciación sobre este colectivo. Ao longo da mañá todo o alumnado de primaria e os de 6º de Infantil recibirán charlas e contacontos a través da linguaxe de signos e cunha intérprete.



miércoles, 7 de junio de 2017

ENCONTRO CON TOMÁS GONZÁLEZ E A SÚA "ALAIA E A DEUSA"

Hoxe o alumnado de 6º tivo un encontro con Tomás González Ahola, autor de "Alaia e a deusa" (Ed. Urco), e home polifacético da industria cultural galega coma editor ou tradutor. Un  libro según César Lorenzo Gil, "encadrado no xénero do relato de aventuras, o libro ten tres virtudes: esquiva calquera tentación pedagóxica, recrea con habilidade o escenario da historia e constrúe o texto cun galego rigoroso".
Tomás falou da Atlantis, do Castro de Baroña, da praia do Rostro e moitas cousas máis que rodearon a súa novela e aclaroulle aos lector@s todas as dúbidas e curiosidades.