lunes, 25 de octubre de 2021

QUE MEDOOOOO!





Atréveste a facer unha viaxe a través do medo? 
Se eres dos que che gusta experimentar e vivir emocións fortes acude a biblioteca esta semana durante os recreos. 
Hoxe comezamos coa proxección das curtas de medo! 
Aquí vos deixamos as datas:
  • Luns 25:
    •  1º Primaria: "Corre, corre cabaciña" e "A bruxa regañadentes"
    •  4º Primaria: "A bruxa regañadentes"
  • Martes 26:
    •  2º Primaria: "A bruxa regañadentes" e "Fiz, o coleccionista de medos"
    •  5º Primaria: "Fiz, o coleccionista de medos" e "A meiga chuchona"
  • Xoves 28: 
    •  3º Primaria: "Fiz, o coleccionista de medos"
    •  6º Primaria: "A meiga chuchona" e "La historia del espantapájaros"
Os nenos e nenas de 4º Primaria foron algúns dos nosos visitantes de hoxe:
 



viernes, 22 de octubre de 2021

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Durante a semana do 25 ao 29 de outubro emitiremos, durante as dúas quendas de recreo, unhas curtametraxes relacionadas co medo e o samaín. Atrevédesvos a vir.

lunes, 18 de octubre de 2021

DÍA DAS ESCRITORAS.

Hoxe, 18 de outubro, conmemorase o Día das Escritoras. A raíz desta data, o curso pasado o equipo de biblioteca preparou unha proposta que pretendemos perdure no tempo e non só se quede nunha data, polo que actualizamos a entrada. A idea é que desde as titorías traballen o documento cunha escolma de escritoras galegas que eliximos (evidentemente non están todas as que deberían), coñecer as distintas obras que viaxan nas maletas, e para finalizar participar no "vídeoxogo" de preguntas e respostas que enlazamos aquí. Tamén desde casa podedes participar e indagar sobre estas escritoras e incluso engadir outras.



Neste enlace tamén hai máis propostas interesantes: https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1560

viernes, 15 de octubre de 2021

MOCHILAS VIAXEIRAS

Abadiño, a pesar da máscara , volve a amosar un gran sorriso porque de novo pode enviar ás casas as súas "Mochilas Viaxeiras". De venres a venres un alumno/a de cada clase levará unha "Mochila" (25 en total) chea de maxia, aventuras, viaxes, información,...para a casa e poder compartir coa familia. A idea non é ter que ler todos os libros se non que é compartir coa familia momentos a través dos libros. Tamén ten que haber momentos para lectura individual. Levades un caderno por se queredes explicarlle a Abadiño cousiñas sobre o contido da Mochila. A gozar!

lunes, 11 de octubre de 2021

LITTLE NENO DESCOBRE...OS BEATLES

Cantas gañas tiña Abadiño e o colexio de recibir visitas e espectáculos arredor dos libros. Grazas a Fran Villasenín e A Reixa Producións, o alumnado de 1º A, B e C asistiu a unha sesión chea de aventuras e de boa música. O espectáculo (que foron dúas sesións para respectar os aforos)xirou arredor do libro "Little Neno descobre...os Beatles" e os nenos/as soñaron, sorprendéronse, sufriron con Renato e sobre todo bailaron. Un gran elenco de artistas fixo posible este contacontos e aproveitamos para estrear á radio cunha entrevista á actriz e presentadora Neves Rodríguez e ao músico Espiño. Seguiremos de preto as andanzas de Little Neno.