martes, 21 de septiembre de 2021

INICIO CURSO 21-22

Un ano máis Abadiño está de volta e neste curso 21-22 agardamos, que pouco a pouco, volvamos á ansiada "normalidade". Ate outubro non abriremos a biblioteca nos recreos, aínda que xa vos podemos ir adiantando que as quendas serán semellantes ao curso pasado. Xa fixemos a convocatoria para os voluntarios/as da Biblio, e outro curso máis, Abadiño está moi contento co gran número de nenos e nenas de 6º de primaria que queren colaborar con el. Como novidade importante, este curso poñeremos en marcha dous club de lectura. A oferta de inicio farase para o alumnado de 5º e 6º de primaria. A profesora Marta será a ancargada de coordinalos. Tamén seguiremos coa Radio na Biblio, coordinado pola profesora Beatriz. Tamén retomaremos propostas para a Biblioteca Creativa. Seguimos actualizando os protocolos para este curso e en breve, contamos poder dar conta deles. "A Biblioteca escolar ten a palabra" é o lema elixido pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia para este curso e nós queremos seguir sendo partícipes para que así sexa. Aburiño!