domingo, 23 de febrero de 2014

ENTROIDO EN LAMAS

Xa está preto, xa se achega!
O Equipo de Dinamización lingüística preparou, xunto co IES Lamas de Abade, o CIF Compostela e a escola Raiola, unha actividade conxunta adicada aos Xerais do Ulla.
Durante esta semana virán familiares de rapaces do cole a darnos unhas charlas sobre esta tradición de Entroido que continúa presente no noso entorno. Tamén iremos adornándonos ao longo da semana coas cousas que día a día nos vaia pedindo o noso particular Xeral que temos na entrada do cole.
E como remate de festa o venres día 28 gozaremos, se o tempo o permite, dunha demostración na explanada do noso centro destes Xerais do Ulla.


lunes, 17 de febrero de 2014

1º A RECOMENDA...

Os rapaces de 1º A escolleron o libro "Negros e brancos" de Xerais para agasallar aos compañeiros do ciclo cunha pequena representación.


Aquí tedes este pequeno vídeo como mostra.

lunes, 10 de febrero de 2014

RECOMENDAN LIBRO 3 ANOS B E 3º A



A continuación tedes as imaxes que mostran as presentacións que fixeron os peques de 3 anos B do libro "Un libro" da Editorial Kókinos e os de 3º A do libro "O estanque dos parrulos pobres" da editorial Rodeira,



martes, 4 de febrero de 2014

ÚLTIMAS RECOMENDACIÓNS...

Estas últimas semanas as clases encargadas de presentar un novo libro da biblioteca foron:
. Infantil 3 anos B escolleu "A escaleira" da editorial Kalandraka.
. 2º B escolleu "As fábulas de Leonardo" de Ediciónso Cumio.
. 4º B presentou "Un caso grave de fantasmas" da Editorial Planeta Oxford.
. 6º B "Sopa de Europa" da editorial Alfaguara Infantil.