sábado, 17 de mayo de 2014

REPETIMOSSS...PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES

Un ano máis e aproveitando coma non o noso patio, voltamos a repetir a actividade que tanto gusta a pequenos e maiores. Os rapaces de 6º, 5º e 4º apadriñan a un ou dous peques do cole para lerlles un libro que prepararon previamente.

Escollen zona no exterior, van buscalos ás aulas, saen fóra e a gozar das lecturas!!

Ah...e como non, os peques en agradecemento tiveron un detalle cos seus padriños e madriñas. Fixeron para eles un fermoso marcapáxinas.

viernes, 9 de mayo de 2014

SACANDO PROVEITO AO PATIO

Bo tempo+patio exterior= momento de lectura perfecto.

Que máis podemos pedir! As imaxes falan por sí soas.

miércoles, 7 de mayo de 2014

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO SOBRE MATISSE

Unha das propostas para traballar no último trimestre é un Proxecto Documental Integrado sobre a vida e obra do artista Matisse.

Aproveitando que no mes de abril inauguraron na Tate Gallery de Londres unha exposición sobre a técnica de cut-outs utilizada por este artista nos últimos anos da súa vida, e vendo a repercursión que a mesma tería nos medios de comunicación, decidimos que sería unha boa proposta para traballar todos os niveis do cole, dende Infantil ata 3º ciclo.

Na entrada do centro o equipo de biblioteca preparou unha pequena mostra onde recollimos datos sobre a súa biografía e algúns dos seus traballos.

A idea é traballar nas aulas a este artista e facer traballos artísticos en pequeno grupo, individuais ou en gran grupo, enchendo con eles todos os corredores do colexio.

Pronto poderedes vero o resultado.



CAIXAS LECTURA PARA O PATIO

Unha das propostas que aparece nesa carta son as caixas con libros da biblioteca para a zona do patio cuberto. Son dúas caixas divididas por ciclos, unha para Infantil e 1º ciclo e outra para 2º e 3º ciclo.

O que pretendemos con elas e sacar ao exterior eses libros que ás veces non teñen moita saída dentro da biblio e darlles a opción aos nen@s de gozar deles noutro espacio distinto ao da biblioteca.

Xa as temos colocadas na saída ao patio e pouco a pouco están collendo confianza e comezando a gozar con esas lecturas.


Aquí tedes unhas pequenas mostras.






CARTA ABADIÑO COAS PROPOSTAS PARA MAIO E XUÑO


Estas son as propostas que dende o equipo de biblioteca facemos para estos últimos meses de curso. Entre elas temos as caixas de libros para o patio, os padriños e madriñas lectoras, hora de ler no patio, PDI de Matisse...
Cotilleade un pouco e veredes que ben o imos a pasar.