martes, 24 de febrero de 2015

DÍA ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe conmemórase o 178 aniversario do nacemento da poetisa Rosalía de Castro.



Aquí tedes unha interesante recompilación de recursos que fixo o Ceip Andrade de Pontedeume e que vos resultará de interese para traballar na aula.





miércoles, 11 de febrero de 2015

PRESENTACIÓN DOS E-READER A 6ºB

Onte na biblioteca, fixemos a presentación dos e-reader que Abadiño pedira aos Reis. En breve comezarán a rular polas casas.


miércoles, 4 de febrero de 2015

GAÑADORA DO CONCURSO DÍA DA PAZ

Aquí tedes as imaxes do momento no que facíamos entrega do agasallo á alumna Carmen Vázquez, pola súa resposta acertada no concurso que fixemos a semana pasada sobre os gañadores do premio Nobel da Paz 2014, a nena pakistaní Malala e o activista indio Satyarthi.

martes, 3 de febrero de 2015

E HOXE SI... LEDICIA COSTAS NA NOSA BIBLIOTECA!!


Hoxe por fin, os rapaces e rapazas de 6º puideron gozar coa visita da escritora Ledicia Costas, autora do libro "Escarlatina, a cociñeira defunta" da Editorial Xerais.

Este é un dos títulos incluidos nos itinerarios lectores para os niveis de 5º e 6º, que están traballando este ano nas aulas.
Foi unha boa oportunidade para preguntarlle todo aquelo que levaban días preparando.
Ademais, os nenos e nenas agasallaron á escritora cun libro de receitas deliciosamente terroríficas elaborado por eles.
Moitas grazas Ledicia pola visita!!










lunes, 2 de febrero de 2015

VISITA DE LEDICIA COSTAS

Mañá martes  2 de febreiro recibiremos na escola a esperada visita da autora de "Escarlatina, a cociñeira defunta", Ledicia Costas. O alumnado de 6º tenlle preparado algunha sorpresa que esperamos que lle guste.
Costas, Ledicia




Ledicia Costas. Nacín en Vigo alá polo 1979, cando o verán estaba a piques de morrer. Neta dun inventor e filla de dous creadores de soños, escribo desde que teño memoria. Debutei na colección Fóra de Xogo coa novela “Unha estrela no vento” (Xerais 1999), obra escrita en plena adolescencia que pronto será traducida ao catalán. Na colección Abismos, xunto con outras 24 narradoras, publiquei o relato Negrita no volume “Narradoras” (Xerais 2000). “O corazón de Xúpite”r (Xerais 2012) é a miña segunda novela e “Recinto Gris” (Xerais, 2014) a terceira. En 2014 gañei o Premio Merlín de Literatura Infantil con “Escarlatina, a cociñeira defunta” (Xerais, 2014). Síntome poeta con alma de equilibrista, porque recito nos lugares máis propicios á caída: no autobús, no supermercado, nos bares, en tendas de conxelados… E debe ser por iso que formo parte do colectivo Poetas da Hostia. A miña obra poética está recollida en distintas publicacións colectivas: “Isto é un poema e hai xente detrás” (Espiral Maior e Xunta de Galicia), Premios de Poesía, Relato Curto e Tradución da Universidade de Vigo (Xerais), “Pel con Pel” (Editorial Galaxia), “Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís” (A Nave das IDeas). Individualmente teño publicado o poemario “Xardín de Inverno”. A día de hoxe formo parte da directiva de Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), son avogada a tempo parcial e poeta a tempo completo. E nas horas libres escribo novela, que é a miña verdadeira paixón.


Costas, Ledicia

RESULTADO DO SORTEO

Hoxe no recreo e aproveitando as mans inocentes das nosas colaboradoras, fixemos o sorteo do concurso sobre o Nobel da Paz do ano 2014.




A gañadora foi Carmen Vázquez Villaverde de 5º A. Mañá farémoslle entrega do agasallo.

Noraboa Carmen!!