miércoles, 26 de abril de 2017

PADRIÑOS E MADRIÑAS PARA O DÍA DO LIBRO

Un ano máis, a actividade central para conmemorar o Día do Libro foi a dos padriños e madriñas, onde os máis maiores do cole preparan unha lectura para compartir cos nosos pequenos e pequenas durante a hora de ler no patio.
Está claro que repetiremos porque as súas caras de satisfacción o din todo.





martes, 25 de abril de 2017

CHARLA DE MERCEDES PINTOS PARA O ALUMNADO DE 1º PRIMARIA

Hoxe a historiadora Mercedes Gualteria Pintos, autora do libro "Picheleiros" da Ed. Positivas, tivo un encontro co alumnado de 1º de primaria, onde lles falou dos oficios da Idade Media, da creación da cidade de Santiago, do importante papel das mulleres naquela época, aínda que non fora moi recoñecido e de moitas máis cousas e curiosidades. Moitas grazas Mercedes por vir a compartir este momento con nós que sabemos que non foi fácil para ti falarlle a un público tan novo.




lunes, 24 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO

Hoxe, luns 24, conmemoramos o Día do Libro (23 de abril) coa lectura, por parte das alumnas de 5º Lía, Alexia, Cristina, Lidia e Uxía, do libro "Los fantásticos libros voladores de Mr. Morris Lessmore" de William Joyce da Editorial Alfaguara. Despois proxectouse a curtametraxe co mesmo título (gañadora dun Óscar no 2011 e na que se baseou o libro). Como remate repartíronse entre os asistentes marcapáxinas facilitados pola Asesoría de Bibliotecas co gallo desta data tan representativa.




viernes, 21 de abril de 2017

SEMANA DO LIBRO

Na vindeira semana conmemoraremos o Día do Libro (23 de abril) con diferentes actividades.
O luns, durante o recreo, varias alumnas de 5º de Primaria lerán  "Los fantásticos libros voladores de Mr. Morris Lessmore" de William Joyce da Editorial Alfaguara. Despois proxectarase a curtametraxe co mesmo título (gañadora dun Óscar no 2011 e na que se baseou o libro).

Logo, o mércores 26, se o tempo o permite, levaremos a cabo  a actividade dos Padriños eMadriñas lectores/as. 





jueves, 20 de abril de 2017

VISITA Á ESCOLA MESTRE MATEO E ROTEIRO POR SANTIAGO DO ALUMNADO DE 2º EP

Onte tocoulle a quenda aos de 2º, que tiveran que aprazar a saída por mor do temporal. Á primeira hora visitaron os Obradoiros da Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo onde tan ben nos acollen sempre e logo, tras unha breve pausa para repoñer forzas, continuaron co percorrido guiado por Santiago. Unha mañá tan productiva coma agotadora pero que pagou a pena.






miércoles, 5 de abril de 2017

TEMPO DE LER NO PATIO

Para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que foi o pasado domingo 2 de abril, saímos hoxe a realizar o Tempo de Ler ao patio. Unha actividade que ademais veunos moi ben para "desestresarnos" destes días de avaliación e aproveitar o bo tempo.



lunes, 3 de abril de 2017

XVII CAMPAÑA MUNICIPAL DE ANIMACIÓN Á LECTURA

Un ano máis, o Concello de Santiago en colaboración coa Editorial Kalandraka, organiza na Galería Sargadelos sesións de contacontos, ilustración e escrita creativa.
Hoxe tocoulle a quenda aos peques de Infantil, que gozaron coa fusión de música e contos que sempre é un éxito entre os máis cativos.