domingo, 25 de febrero de 2018

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O venres conmemoramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, e seguindo as proposta da Asociación de escritoras e escritores en Lingua Galega co lema #AbrideAFiestra, saímos ao patio de columnas a recitar algún dos poemas, estrofas ou versos de Rosalía e así facer a cada nen@ máis cómplice da súa obra e expoñelos logo nas fiestras para facelos visibles e acercalos a toda a comunidade educativa. 




Entrada no blog do eEquipo de Dinamización da Lingua cos vídeos do recitado de poemas.

http://edlglamasdeabade.blogspot.com.es/2018/02/abrideafiestra-1.html

viernes, 23 de febrero de 2018

AUDIO DO 5º PROGRAMA "VOCES DE COMPOSTELA" (Alumnado de 4ºC)

Aquí tedes o audio coa intervención do alumnado de 4º C no programa "Voces de Compostela", cun Cantar de Cego falando sobre os transportes ao longo da historia de Galicia. 




martes, 20 de febrero de 2018

ESPAZO DEDICADO A ROSALÍA DE CASTRO

No hall da entrada habilitamos un espazo dedicado a ROSALÍA DE CASTRO, xa que estamos achegándonos á data do aniversario do seu nacemento.

Os libros están a disposición do profesorado para traballar con eles nas aulas.

Ademais fíxose unha recompilación de recursos nunha páxina de google sites para todos aqueles que queiran afondar no tema.

https://sites.google.com/site/recursosdiarosaliadecastro/

O venres faremos una actividade conxunta de todo o centro, así que xa teredes en breve novas sobre o tema.




viernes, 9 de febrero de 2018

BLOG DE 5ºA

Os nen@s e a mestra de 5ºA teñen un blog de aula no que van contando cousas do seu día a día.

Dende o segundo trimestre están traballando o libro"Sopa de Europa" da Editorial Alfaguara. e a proposta é que cada neno e nena fagan unha exposición sobre o país que lle tocou.
Están saíndo cousas verdadeiramente chulas.


Aquí tedes o enlace ao seu blog para cotillear un pouco.

https://superdezaoitoblog.blogspot.com.es/

jueves, 8 de febrero de 2018

AUDIO DO 4º PROGRAMA "VOCES DE COMPOSTELA" (Alumnado de 3º)

Aquí tedes o audio coa intervención do alumnado de 3º no programa "Voces de Compostela", explicando a vestimenta da época Medieval.