Adxuntamos audio completo da intervención do martes 19 no programa "Voces de Compostela". Tamén o podes escoitar directamente e/ou descargar no seguinte enlace: Arquivo "Voces de Compostela" RadioVoz
Hoxe comezamos unha colaboración co programa de RadioVoz "Voces de Compostela" que dirixe o xornalista Alberto González. Carlota, Marta e Jose, xunto ao profe Fran, desprazáronse ate o estudio de radio para participar nunha entrevista e explicar en que consistirá o proxecto que imos a levar a cabo en común baseado no PDI "Santiago Medieval". Unha gran experiencia para todos/as. A partir de xaneiro faremos unha colaboración semanal en dito programa. En breve colgaremos o audio para os/as que non o poidechedes escoitar en directo.
Aquí tedes o vídeo da actuación dos peques de Infantil para felicitar este Nadal 2017, cantando "Panxoliña para todo o ano" onde o grupo Mamá Cabra puxo música a un poema de Antón Cortizas.
Os instrumentos que usan son os que elaboraron nos obradoiros interniveis das últimas semanas.
Canción sacada do libro "Xa me tardan estes Magos" da editorial Galaxia.
Os maiores do cole quixeron representar a través dun vídeo as palabras que decoran nestas datas a nosa entrada do cole: AMIZADE, XUSTIZA, RESPECTO, LEDICIA, VALOR, VIDA...
Un ano máis dende a biblioteca queremos axudar aos Reis Magos e Papa Noel a pensar eses fermosos agasallos en forma de libros para gozar coas súas lecturas.
Dentro das actividades programadas polo Equipo de Convivencia para conmemorar o Día internacional da Discapacidade, onte recibimos na biblioteca, a visita da profesora de Matématicas da USC, Elena Vázquez Abal. Ás charlas asistiron os cursos de 3º, 4º, 5º, 6º. Elena, debido a unha enfermidade, ten que desprazarse nun "scooter" polo que solicitounos axuda para que entre todos/as rachemos coas barreiras arquitéctonicas e que conciencemos aos que non respectan as prazas de aparcamento reservadas para as persoas con mobilidade reducida. Ademais animou a todo o alumnado a estudar matemáticas.