miércoles, 30 de diciembre de 2020

VÍDEO PLAN LIA. 2

 Aquí deixamos o vídeo que gravou a Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia para mostrar os espazos e o traballo da nosa biblio. 

lunes, 21 de diciembre de 2020

VÍDEO DE NADAL. NENAS E NENOS DE INFANTIL

 Aquí tedes o esperado vídeo navideño dos peques de Infantil, co que queren desexarvos un Bo Nadal e unhas felices festas!!


 

Canción do Cd de Uxía Lambona e a Banda molona "Astronauta sideral"



domingo, 20 de diciembre de 2020

ENTREVISTA-DESPEDIDA A PEPE.

No blog da Radio na biblio "En Clave de Lamas" está subida a entrevista que nos concedeu José Miguéns, director do colexio durante 11 anos, e que se xubila nuns días. Ánxela e Daniela Gianzo de 6º A foron as encargadas de realizar a entrevista tras preparala entre todo o alumnado de 6ºA, xunto coa súa titora Almudena. Grazas Pepe pola entrevista e por todos estes anos de dedicación e entrega ao colexio, en especial coa biblioteca.

👇PINCHA NO SEGUINTE ENLACE 👇 

👉      ENTREVISTA PEPE 

lunes, 14 de diciembre de 2020

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O NADAL

Un trimestre atípico que remata, pero o que non muda son as nosas gañas de recomendar unha chea de lecturas para gozar e compartir nestas vacacións de Nadal que temos á volta da esquina. 

E este ano máis ca nunca, non esquezades colaborar co pequeno comercio mercando nas marabillosas librarías que temos pola nosa cidade. 

Deixamos aquí as nosas recomendacións para este NADAL 2020 con suxestivas novidades de narrativa, cómic, libros en LSE, libros de lectura fácil.... 

BO NADAL e FELICES LECTURAS!!!!


lunes, 23 de noviembre de 2020

CANCIÓN 25N "LA IGUALDAD" POR ALBA E MENCÍA.

As alumnas de 6º B Alba Fernández-Cid e Mencía Angueira, agasalláronnos con esta canción que elas mesmas compuxeron. Unha letra moi potente e reinvindicativa, que por culpa da máscara pode ser que non se entenda moi ben, polo que a continuación a transcribimos. 

 "Yo ya no soy tuya créetelo, nunca lo fui no, no, no. Las mujeres no son objetos. Esto no es cuestión de dinero es de género. 

Tú me dijiste que era tuya, yo te dije que no, se llama igualdad aunque tú no la conozcas. Estamos en el siglo XXI hay que progresar pero tú en cambio vas para atrás. Las mujeres son únicas para que lo sepas, yo no te voy a decir nada más. Somos así y no vamos a cambiar. Así que vete ya. No te quiero ver más, puedes irte para allá. No somos las únicas que van a luchar, somos muchas más. 

Ahora sí, la revolución está aquí. Hasta el techo de cristal vamos atravesar. Esta guerra vamos a ganar por la igualdad, somos muchas que queremos luchar y tú no nos vas a parar. Algunas no tienen voz para gritar y nosotras vamos a luchar.

Las mujeres no son objetos. Esto no es cuestión de dinero es de género. No puedo ser la mujer de tu vida porque primero tengo que ser de la mía. Como eres mujer, vestidos y tacón de piel. Eso ya se acabó, podemos llevar pantalón. Tenemos muchos trofeos así que no pararemos. Yo ya no soy tuya".

Moitas grazas Alba e Mencía por esta canción que oxalá non houbera que compoñer xamais. Tamén grazas ás acompañantes pola colaboración. Desde o Lamas dicimos NON á violencia de xénero.

miércoles, 18 de noviembre de 2020

jueves, 22 de octubre de 2020

VÍDEO RECOMENDACIÓN MATEO PENA.

O alumno Mateo Pena Fares de 5º A achéganos o primeiro vídeo recomendación deste curso. Non vos perdades a colección de Perrock Holmes de Isaac Palmiola da Ed. Montena. En breve teremos algúns títulos na biblioteca. Grazas Mateo pola túa proposta.


 

“PREMIOS CONCURSO BOOKFACE. DÍA DA BIBLIOTECA”

Aproveitamos que o sábado 24 é o Día das Bibliotecas Escolares para entregar os premios do concurso do vídeo “BookFace” que organizaramos durante o confinamento a través do blog. Os gañadores, como xa indicaramos no seu momento, foron Aser e Iria que agoran están no IES e xa se lles entregou o seu premio. De todas formas Abadiño decidiu tamén premiar a todos/as os que participaron. O xoves fíxose a entrega dos agasallos a: - Irmáns Raviña Nieto. - Irmáns Cortés Martínez. - Irmáns Portela Sayáns. - Alicia Balsa. - Lucía Liñares. - Ánxela Nogueiras. - Tomás Martínez. Grazas a todos/as pola vosa participación e seguide atentos ao blog porque faremos máis propostas e concursos.















domingo, 4 de octubre de 2020

ABRIMOS A BIBLIOTECA!

Boas nenos e nenas! Abadiño ten o pracer de comunicarvos que a partir deste luns 5 de outubro poñerase en marcha a biblioteca. Este curso, como xa sabedes, vai a ser distinto e haberá algúns cambios que debedes coñecer. 

Neste arquivo van explicados os cambios e o luns en clase os repasaremos xuntos. 
En canto ás gardas de tarde tamén temos cambios e protocolos que cumprir. Abrirase a biblioteca polas tardes de luns a xoves cun aforo máximo de 15 usuarios/as.

O protocolo será revisado e actualizado en función da evolución da pandemia, das posibles modificacións nas instrucións enviadas polas autoridades educativas e sanitarias e da avaliación sobre o funcionamento do mesmo, realizada polo claustro e o equipo de biblioteca.


 



  

viernes, 12 de junio de 2020

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN.

Aquí tedes algunhas ideas de libros para gozar coa súa lectura nas vacacións, porque xa sabedes o que di Abadiño : "ler ao igual que comer, non hai que deixar de facelo en ningún momento".


viernes, 29 de mayo de 2020

RECOMENDACIÓN DE SABELA

Unha nova recomendación que nos fai chegar Sabela Bendaña, de 4º A. Uns clásicos que sabemos que gustan moito entre os/as nosos/nosas lectoras.



Moitas grazas Sabela polo vídeo!!

martes, 26 de mayo de 2020

NOVAS ENTREGAS DO RETO "CONTA CONTOS COS TÍTULOS"

Comezan a chegar os primeiros Conta Contos con titulos e Abadiño está encantado cos resultados. Nesta ocasión os vídeos corresponden a varios peques de Infantil. Son Xan e Nerea de 4 anos A e, Antía e Helena de 4 anos B.

Moitas grazas polo voso traballo e por compartilo nesta ventaniña.







martes, 19 de mayo de 2020

CONTA CONTOS CON TÍTULOS DE LIBRO.

Desde a biblioteca Abadiño quere lanzarvos outro reto. Consiste en contar unha historia ou conto a través dos títulos dos libros que tedes na casa. Sabemos que non é un reto doado de facer pero seguro que con imaxinación o poderedes sacar adiante. Tampouco fai falta que sexa moi longo. Para que vexades como é deixámosvos dúas historias moi chulas que nos mandaron dúas alumnas do cole: Aldara Cortés de 1ªB e Adriana Ríos de 6ªA. Animarse a participar, pode ser de xeito individual e/ou en familia.



viernes, 15 de mayo de 2020

RECOMENDACIÓN DE RITA

Unha vez máis Abadiño comparte unha nova recomendación, nesta ocasión da man de Rita Doce, de 4ºC.
Recomenda dous títulos: El diario de Ana Frank, da editorial Susaeta e Cuentos en 1 minuto da editorial RBA.


Moitas grazas Rita polas recomendacións!!

viernes, 8 de mayo de 2020

RECURSOS LETRAS GALEGAS.


Boas, a continuación deixamos uns enlaces para afondar e traballar a figura do autor homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas: Ricardo Carvalho Calero.
O primero é o xa habitual Telexornal que realizan desde fai anos dende o CPI dos Dices-Rois. Tamén, dende fai moitos anos o Seminario Galán nos ofrecen moita información e actividades arredor da figura homenaxeada e das Letras Galegas. Finalmente, uns marabillosos Xogos de Fuga ou "Escape Room"; feitos pola nosa compañeira do curso pasado Ana Sánchez que agora está no CEIP. Arquitecto Casas Novoa e pola mestra Alba Carril do CPI de Vedra.
Grazas a todos/as por deixarnos compartir as súas propostas.

TELEXORNAL CPI DOS DICES:




SEMINARIO GALÁN:






XOGO DE FUGA INFANTIL E PRIMARIA:




XOGO FUGA:




BOOKFACE ALUMNADO-FAMILIAS.

Despois dun arduo traballo de montaxe, xa temos o esperado vídeo do "Bookface" do alumnado e familias que vos propuxeramos polo Día do Libro. Fóchedes moitos e moitas os que nos mandáchedes as vosas fotos e agora desexamos que vos guste o resultado. Como di o titulo da canción de fondo "Morriña", nós tamén temos moita e agardamos vervos pronto.
Grazas a todos/as por participar.


martes, 5 de mayo de 2020

RECOMENDACIÓN DE LOIS

Unha nova recomendación de Lois Cortés, de 4ºC. Nesta ocasión son tres títulos da colección Autral Intrépida, algún deles está incluido na imaxe que tedes a continuación.





lunes, 4 de mayo de 2020

GAÑADORES CONCURSO "BOOKFACE" PROFESORADO.

Rematado onte o prazo de entrega do concurso que puxemos en marcha polo Día do Libro, informamos que os gañadores foron Iria Otero e Aser Vázquez de 6º B, os dous con 13 acertos.
Sabíamos da dificultade para acertar os "bookface" porque en moitas imaxes so se vía moi pouco dos profesores/as. Polo tanto, ademais dos gañadores, todos os que participástedes levaredes tamén un agasallo. Se non os damos entregado neste curso farémolo no seguinte. Grazas a todos e todas por participar. Aquí tedes o profesorado participante no "Bookface".

domingo, 3 de mayo de 2020

RECOMENDACIÓNS DE XOANA E BREIXO

Hoxe traemos as recomendacións de Xoana, de 2ºB e de Breixo, de 4ºC.
Xoana recomenda a colección de libros "Princesas dragón" da editorial SM e, no caso de Breixo, as triloxías "Guardines de la ciudadela" e "Memorias de Idhún" da escritora Laura Gallego.
Moitas grazas por estes vídeos tan chulísimos!!






martes, 28 de abril de 2020

RECOMENDACIÓNS DA AULA DE 4 ANOS B

Aquí tedes catro novos vídeos dos peques do cole. Son Sophie, Teresa, Sofía e Martina, que queren compartir con todos e todas as lecturas dalgúns dos seus contos favoritos.







RECOMENDACIÓN DE MARTIÑO

Abadiño trae unha nova recomendación de lectura da man de Martiño, de 6º de Infantil. O libro en cuestión xa veredes que ten moito ritmo ;): "Paco y el rock" da editorial Timunmas.

sábado, 25 de abril de 2020

RECOMENDACIÓN DE ÁNXELA

Ánxela de 5ºA quere recomendar a lectura destes libros.
Moitas grazas polo vídeo!!


WEBQUEST PARA O DÍA DO LIBRO

As profes de 3º, Mercedes e Isa, fixeron esta webquest para o Día do Libro. Compartímolo por aquí por se alguén máis o quere empregar.




jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO.

No día de hoxe, 23 de abril, se conmemora o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor (data proclamada pola UNESCO en 1995. Como sabedes, con este día se quere render homenaxe aos libros e aos autores/as e fomentar o acceso á lectura para o maior número posible de persoas. Por isto, Abadiño e o profesorado do Lamas, queren tamén rendervos unha homenaxe a todos/as os nenos/as e familias que estades pasando por estes duros días de confinamento. Para iso fixemos un vídeo seguindo un movemento chamado #Bookface no que aparecemos moitos profesores/as do cole cun libro como parte do noso corpo. Agardamos que vos guste.
Pero non queda aquí a cousa. Abadiño quere facervos dúas propostas:
1) Que nos mandedes os vosos #Bookface para facer entre todos/as un vídeo. Rebuscade ben polos libros que tedes na casa que seguro que saen cousas ben chulas. Pode ser coa cara ou con calquera parte do corpo, individual ou en familia. E lembrarvos mandalos a bibliotecalamas@gmail.com
2) Concurso "Bookface". Tedes que adiviñar que profesores/as se esconden detrás de cada libro (nalgúns está faciliño). Envíanos á mesma dirección de correo un listado co Título do Libro e o profe que o ten. Os/as que máis acerten terán un agasallo. Ollo porque hai algún profesor/a que sae varias veces.
O prazo para as dúas propostas remata o domingo 3 de maio.
LER FAINOS ÚNICOS.

jueves, 16 de abril de 2020

RECOMENDACIÓN DE MANUELA E MATILDE

Matilde de 4º B e Manuela de 6ºA, envían a Abadiño un vídeo cunha recomendación para lectores autónomos. Trátase da triloxía, "Los juegos del hambre" da escritora Suzanne Collins.



REVISTA PAPAGAIO

Aquí tedes en formato PDF o número de Abril da revista Papagaio, porque xa que temos que ficar na casa algúns días máis poderedes descargala e desfrutala na casa.


RECOMENDACIÓN DE NEREA

Grazas Nerea pola recomendación deste fermoso libro pop-up, "Las jirafas no pueden bailar" da editorial Bruño.



lunes, 13 de abril de 2020

MANUALIDADE CON DANIELLA

Daniella, de 4º curso, quixo compartir con todos e todas un vídeo dunha manualidade.

Moitas grazas Daniella polo teu tempo.


martes, 7 de abril de 2020

RECOMENDACIÓN DE ALFONSO

Moitas grazas Alfonso Ares, de 4ºC, pola túa recomendación.
Un novo título para engadir ás estanterías de Abadiño, "Cuentos para niños que se atreven a ser diferentes" da editorial Grijalbo.


domingo, 5 de abril de 2020

LIBROS LIBERADOS E OUTRAS PROPOSTAS PARA O CONFINAMENTO.

Nesta entrada recompilamos algunhas propostas de editorias e colectivos que altruistamente, debido á corentena, decidiron liberar algúns dos seus fondos ou deleitarnos con contos contados. Moitas grazas a todos/as pola súa xenerosidade e agardamos que vós o saibades aproveitar e gozar. #Quedamosnacasa
*Lembrade que Abadiño segue recibindo os vosos vídeos, traballos e debuxos.

jueves, 2 de abril de 2020

DEBUXOS PARA ABADIÑO POLO DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Moitas grazas a Nerea (5º A Infantil), a Xavi (6ºA Infantil) e a Xan (5°A Infantil) por agasallar a Abadiño con estes debuxos tan fermosos que lle alegrarán o día. 💗😊




RECOMENDACIÓN DE LOIS

Chegoulle a Abadiño unha nova recomendación, nesta ocasión da man de Lois Cortés, de 4ºC.
Dous libros da serie Capitán Calzoncillos, da editorial SM.

Moitas grazas Lois pola recomendación!!

domingo, 29 de marzo de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.

Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de dar a coñecer os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil. Selecciona un escritor/a representativo/a e a un recoñecido/a ilustrador/a do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos/as do mundo e o cartel que se distribúe para a promoción da celebración nas bibliotecas, centros escolares, librarías, etc. Este ano correspondeulle á sección de Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetina (co título de «Fame de palabras»), ilustrado por Damijan Stepančič. Parte da mensaxe deste ano fala de que "...as palabras nos poemas e nos contos son alimento. Non alimento para o corpo, nada que poida encher o estómago. Son alimento para o espírito e para a alma"...

Abadiño tamén quere alimentar o seu espírito e a súa alma con palabras vosas, porque leva uns días moi só na biblioteca. Por iso, propoñémosvos que para conmemorar esta data lle enviedes un debuxo con palabras que a vós tamén vos enchan o espírito e a alma. Podedes facelo coa técnica e material que queirades (mellor en A4 ) para poder enviárnolo á conta de correo bibliotecalamas@gmail.com Logo publicarémolas no blog. Moitas grazas a todos/as.

domingo, 22 de marzo de 2020

RECOMENDACIÓN DE OLIVIA DE 4º B

Aquí tedes unha nova recomendación, nesta ocasión compartida por Olivia da aula 4ºB.
Tamén comparte a lectura do libro "Chirlo Merlo na Figuiera", de Darío Xohán Cabana, que aprendera coa profe Elisa cuando estivo en 2º (polo Día da Poesía).

Moitas grazas a Olivia e a súa nai por compartir estes momentos!!



NOVA RECOMENDACIÓN



A profe Marta de 6º de EI, quere recomendar para estes días na casa, o libro "A que sabe a lúa?" publicado pola editorial Kalandraka.

sábado, 21 de marzo de 2020

SEMANA DA POESÍA. A "CENTONEAR".

Abadiño quere celebrar o Día da Poesía propoñendo unha actividade para estes vindeiros días. Seguindo a proposta do seu colega, o Bufo Lector do CEIP. Sofía Casanova, animámosvos a crear CENTÓNS. Que son os CENTÓNS?

Un centón é un poema elaborado con versos ou medios versos preexistentes, é dicir, doutros/as autores/as. É un exercicio de creación no que se elabora un texto totalmente novo a partir de fragmentos doutros textos. A gracia dun bo centón é que non o pareza. O centonador ou centonadora poden utilizar versos enteiros, pero nunca dous versos seguidos que aparezan nun mesmo poema do mesmo/a autor/a. Anímaste a centonear?

Podedes facer un vídeo, un audio ou escribilo e decoralo (pdf), e mandárnolo ao correo: bibliotecalamas@gmail.com
e deste modo estaremos todos/as un pouco máis unidos/as véndonos-oíndonos no blog.

RECOMENDACIÓN DÍA POESÍA

E continuando coas recomendacións no Día da Poesía, Darío de 5º de Educación Infantil e a súa mamá Berta Dávila recomendan un fermoso libro de Antonio Garcia Teijeiro, "Paseniño, paseniño" da editorial Xerais.



Moitas grazas polo poema Darío!!

viernes, 20 de marzo de 2020

RECOMENDACIÓN LITERARIA E DÍA DA POESÍA

Temos a nosa primeira recomendación que coincide co Día da Poesía. Trátase do libro "Lueiro de papel" de Antonio García Teijeiro da editorial Xerais, grazas a Xavi de 6º de Infantil e a súa nai María.

Animámosvos a que mandedes as vosas recomendacións.

martes, 17 de marzo de 2020

CORENTENA LITERARIA. VÍDEOS RECOMENDACIÓNS.

Debido á situación pola que estamos atravesando, Abadiño tamén quere participar e sentirse acompañado, polo que, imos a intentar retomar o apartado de "Vídeos Recomendacións" do blog (podedes ver os que xa se fixeron outros anos). Animámosvos a todos/as, de xeito individual, en pequeno grupo, familia,... a crear un vídeo recomendándonos unha lectura que vos gustase e pensedes que pode ser de interese para o resto, e de paso poder vernos. Atrevédevos a ser "BookTubers". Tedes liberdade para recrearvos como queirades (disfrazarvos coa temática do libro, dos/das protagonistas,...)pero lembra aclarar ben o Título, autor/a, editorial e, por suposto, non fagas "spoiler" para que todos/as poidamos gozar do final do libro. Ah! non esquezades enviarmo á seguinte dirección de correo: bibliotecalamas@gmail.com e que non exceda de 1-2 minutos.
Estade atentos ao meu blog que iremos propoñendo máis cousiñas. Forte aperta para todos/as e ánimo, seguro que pronto non volveremos a ver na biblioteca.

lunes, 2 de marzo de 2020

DÍA DE ROSALÍA 2020.

O pasado 24 de febreiro conmemorouse o Día de Rosalía e dende a bibloteca quixemos facerlle a nosa homenaxe estes días. Durante os recreos do xoves 27 e venres 28 o alumnado de primaria participou nun obradorio de postais. Cada participante escolleu varios versos de Rosalía para logo escribilos nunha postal e enviarlla ou darlla a quen querían. Tamén participou a clase de 4º C e aínda participará algunha clase máis durante a vindeira semana.
O lema elixido pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega para conmemorar esta data foi: "Ambos Errantes polo mundo andamos", polo que escollemos poemas de Rosalía relacionados coa emigración como "Tecín soia a miña tela", “Airiños airiños, aires”, “Adios rios, adios fontes”, “Castellanos de Castilla”, “Vivir para ver”, “Pra a Habana!”, “Daquelas que cantan”, “Amores cativos” ou “A xustiza pola man”.



viernes, 14 de febrero de 2020

DÍA MUNDIAL DA RADIO. ESTRENO RADIO "EN CLAVE DE LAMAS".


No ano 2013 a ONU aprobou a declaración da UNESCO o Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser o día da creación da Radio Nacións Unidas no ano 1946. Este ano celébrase co lema: "Pluralismo, representación e diversidade" xa que a radio é un medio de comunicación único para celebrar a diversidade humana e constitúe unha plataforma para o discurso democrático. Un lema en sintonía co das bibliotecas escolares para este curso "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía" e do valor inclusivo do programa Radio na Biblio.
        Desde o colexio eliximos esta data para inaugurar "oficilamente a nosa radio "En clave de Lamas". Durante a Hora de Ler escoitouse nas aulas a primeira gravación: unha presentación e un audio-conto con nenos/as de 6º. Para poder escoitar as gravacións tedes que aceder a blog: https://enclavedelamas.blogspot.com

Tamén podedes acceder dende a páxina do cole: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplamasabade

Aproveitamos este día para entregar os premios do concurso de logos para a radio. As gañadoras foron Irene López e daniela Gianzo de 5º de primaria. Agradecemos a todos/as os que participastedes.








miércoles, 12 de febrero de 2020

PRESENTACIÓN LIBRO.

Hoxe tivemos un evento moi especial na biblioteca. Alba e Mencía de 5º de primaria fixeron a presentación do seu libro: "La Muñeca". Unha primeira entrega da que esperamos sexa unha exitosa saga. Unha terrorífica novela que xa forma parte dos fondos da biblioteca. Moitas grazas a estas prometedoras escritoras e ao seu profesor Mario, por axudalas na creación da novela e na presentación.






miércoles, 5 de febrero de 2020

LECTURAS COMPARTIDAS DO IES.

Esta mañán o alumnado de Infantil recibiu unha grata visita. O alumnado de 1º de ESO do IES. Lamas de Abade (na maior parte exalumnos/as nosos) viñeron ao colexio a contarlle uns contos aos máis pequenos/as. Por grupos foron pasando polas aulas a contarlle "O coelliño branco", "O casamento do piollo e a pulga" ou "O gaiteiro". Unha experiencia moi positiva para todos/as que esperemos se volva a repetir. Moitas grazas ao alumnado do IES e as súas profesoras pola iniciativa.