viernes, 29 de abril de 2016

PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES

Un ano máis, no Mes dos Libros e coa chegada da Primavera, facemos a actividade na que os maiores do cole len aos pequenos e pequenas no patio.
Momento máxico, cheo de emocións que non deixa de sacarnos a tod@s un sorriso.
Moitas grazas maiores polo voso traballo.

lunes, 25 de abril de 2016

GANADORES CONCURSO "O MEU LIBRO FAVORITO"


Hoxe fixemos entrega dos premios aos gañadores do concurso organizado por Abadiño "O mes libro favorito".
Temos que dar as grazas a todos os participantes, que foron moitísimos, e á calidade dos traballos que fixo moi complicado tomar unha decisión sobre cales debían ser os gañadores.
As dúas clases de Infantil de 5 anos tamén recibiron un premio para a aula polo traballo tan bonito que fixeron para ilustrar as cubertas dos seus libros favoritos.

Velaquí tedes algunhas imaxes do momento da recollida de premios.


viernes, 22 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO CO NOSO CLÁSICO OBRADOIRO DE LECTURA

Un trimestre máis levamos a cabo esta dinámica que gusta a todos por igual. Aquí tedes imaxes dos distintos momentos nos que os mestres leron os contos que nunha entrada anterior mostrábamos nos carteis que publicitaban as mesmas.
OBRADOIRO LECTURA INTERNIVEIS "AS ARBOLES" on PhotoPeach

ENCONTROS CON ESCRITORES

Entre as actividades propostas para o Mes dos Libros, estaban encontros con escritores para os distintos niveis. Hoxe tocóulle o turno aos de 6º e 1º que gozaron coa visita de Érica Esmorís e Anxo Moure.

Erika Esmorís foi a escritora ganadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015 coa obra "Nena e o Mar" publicada por Xerais. Os rapaces puideron escoitar da súa propia boca os seus inicios neste apaisonante mundo da escrita e de como con traballo e esforzo conseguiu acadar o seu soño.



E noutra liña a visita de Anxo Moure, un marabilloso escritor e contacontos, que fixo as delicias dos pequenos e non tan pequenos coas súas historias sobre o amor pola natureza e o respecto polo medio ambiente, a través de contos como "O carballo con botas".



ENCONTRO CON ÉRICA ESMORÍS E ANXO MOURE on PhotoPeach

miércoles, 20 de abril de 2016

QUENTANDO MOTORES PARA O OBRADOIRO DE LECTURA

Aquí vai unha mostra dos fermosos carteis que publicitan as lecturas que os mestres leerán este venres en distintos espacios do centro e, ás que poderán os nenos e nenas do cole en función dos seus gustos. Todas relacionadas co proxecto deste ano "Cinturón verde".



lunes, 18 de abril de 2016

A BIBLIOTECA E O MES DOS LIBROS

Aquí tedes a carta que Abadiño enviou ás clases para explicar todo o que acontecerá durante este mes no cole.

viernes, 15 de abril de 2016

VISITA MEDIO AMBIENTE


Esta semana, todo o cole tivemos a sorte de contar coa visita de pessoal da Consellería de Medio ambiente para darnos unhas charlas sobre a flora e fauna da nosa terra e amosarnos materias, vestiario e vehículos que empregan para o seu traballo na protección e coidado dos montes e bosques.

Actividade coa que reforzamos o proxecto "Cinturón verde" traballado durante este curso a nivel de centro.

Visita personal Medio ambiente on PhotoPeach

martes, 12 de abril de 2016

XVI CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA

Un ano máis a galería Sargadelos converteuse na sede da Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago de Compostela en colaboración coa editorial Kalandraka.

Este luns, os peques de 3 anos, tiveron a sorte de acudir a unha das sesións de contacontos a cargo da narradora Patricia González e do músico Álex Fente.